{"id":71227,"date":"2017-12-01T16:40:16","date_gmt":"2024-12-08T20:57:45","guid":{"rendered":"https:\/\/oqo.es\/product\/onde-estas-caracol\/"},"modified":"2024-12-08T21:57:45","modified_gmt":"2024-12-08T20:57:45","slug":"onde-estas-caracol","status":"publish","type":"product","link":"https:\/\/oqo.es\/gl\/produto\/onde-estas-caracol\/","title":{"rendered":"\u00bfOnde est\u00e1s, Caracol?"},"content":{"rendered":"<p><strong><em>Naquela monta\u00f1a, o sol e a chuvia \u00edan e vi\u00f1an todos os d\u00edas. Polas ma\u00f1\u00e1s brillaba o sol e as lagarti\u00f1as corricaban. Polas tardes chov\u00eda e os caracois \u00edan pasear. Polas noites brillaba a l\u00faa e os grilos cantaban.    <\/em><\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong><em>Unha tarde empezou a chover e, mentres corr\u00eda para a casa, Lagarti\u00f1a cruzouse con Caracol, que, nese momento, asomaba a cabeza.<\/em><\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Este encontro casual sup\u00f3n un aut\u00e9ntico frechazo para Lagarti\u00f1a, quen decide sa\u00edr ao encontro de Caracol cada d\u00eda.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>No entanto, coma tantos outros relatos cl\u00e1sicos de amor, a relaci\u00f3n de Caracol e Lagarti\u00f1a parece imposible. Se, noutros, os obst\u00e1culos prove\u00f1en de pertencer a clases diferentes, neste caso, a especies dispares: Caracol non pode sa\u00edr ao sol, xa que queda seco, e agarda escondido dentro da s\u00faa cuncha a que comece a choiva. Pola contra, Lagarti\u00f1a enferma ao mollarse.  <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Debido a estas circunstancias, as dificultades para poder atoparse pres\u00e9ntanse insuperables, ao ser contraproducentes para ambos. No entanto, o amor todo o pode. <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Estamos ante unha historia de constancia por parte dos dous protagonistas, e tam\u00e9n de loita contra a adversidade, a\u00ednda que esta sexa, principalmente, meteorol\u00f3xica. Consecuentemente, Caracol e Lagarti\u00f1a ter\u00e1n a s\u00faa merecida recompensa, como adoita suceder cando hai tenacidade e nos gu\u00edan os bos sentimentos. <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Este \u00e9 a \u201cbonita mensaxe\u201d que intentou trasladar neste conto a escritora <strong>Susanna Isern<\/strong>. A autora de <em>Pil\u00fa, Pil\u00fa!<\/em> e <em>Oso Atrapabolboretas<\/em> est\u00e1 convencida de que na vida, \u201cse dous se queren e se esforzan en conseguilo; todo \u00e9 posible con ilusi\u00f3n e un pouco de imaxinaci\u00f3n\u201d. <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Esta idea foi tam\u00e9n a que guiou o traballo de <strong>Leire Salaberria<\/strong>, quen procurou principalmente, que as s\u00faas ilustraci\u00f3ns fixesen part\u00edcipes, en todo momento, os lectores da \u201cbonita historia de amor\u201d entre os dous protagonistas: Caracol e Lagarti\u00f1a.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Precisamente, crear a estes dous personaxes foi o \u201cm\u00e1is dif\u00edcil\u201d para a ilustradora no que \u00e9 o seu segundo traballo con OQO, logo do seu debut na editorial con <em>O se\u00f1or Ram\u00f3n e a se\u00f1ora Ramona<\/em>.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A artista ti\u00f1a claro que deb\u00edan ser moi pr\u00f3ximos para os m\u00e1is pequenos. Por iso, decidiu \u201chumanizalos\u201d e darlles un aire \u201calgo naif, cun toque de humor de debuxo animado\u201d. O m\u00e1is curioso \u00e9 que, unha vez realizado o bosquexo a lapis de ambos, dar vida ao resto de personaxes do conto resultoulle m\u00e1is doado; \u201cde a\u00ed en diante, todo foi cre\u00e1ndose dunha forma moi natural\u201d, relata sobre o proceso.  <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A\u00ednda que os protagonistas son Caracol e Lagarti\u00f1a, durante a historia, Salaberria incorpora uns xirasois, unha lib\u00e9lula, unha familia de ratos, un esqu\u00edo, uns peixes, unha ra, un coello e ata unha pomba, que se converten en testemu\u00f1as curiosas da tenacidade de ambos para conseguir estar xuntos.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>En canto \u00e1 t\u00e9cnica, \u00e1 ilustradora apetec\u00edalle cambiar \u201cpor completo\u201d a s\u00faa forma de traballar. Deste xeito, descartou os s\u00faas habituais tesoiras e recortes de papel, e decantouse polos acr\u00edlicos e os pinceis co obxectivo de \u201cgozar da parte m\u00e1is manual do proceso de creaci\u00f3n\u201d. <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A artista valorou que este conto lle deu a posibilidade de usar moita cor e dar renda solta a un mundo imaxinario \u201cmoi persoal\u201d. Por iso, optou por unha gama ampla de cores e por utilizar moita textura, con esa base de formas xeom\u00e9tricas que adoita empregar normalmente. <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><em>Onde est\u00e1s, Caracol?<\/em> foi o conto m\u00e1is longo que ilustrou e viviu a historia coma se dunha pequena curta de animaci\u00f3n se tratase: \u201cimaxinei a Caracol e a Lagarti\u00f1a correr, falar, chorar, rir, bailar&#8230;\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Por iso, non oculta que lle deu \u201cmoita pena\u201d ter que despedirse destes personaxes, cando terminou a \u00faltima ilustraci\u00f3n. \u201cEspero que me fagan un sitio nese bosque colorido sempre que necesite escaparme da mi\u00f1a realidade\u201d, concl\u00fae con nostalxia. <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Texto de Susanna Isern Ilustraci\u00f3ns de Leire Salaberria<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p><strong><em>Naquela monta\u00f1a, o sol e a chuvia \u00edan e vi\u00f1an todos os d\u00edas. Polas ma\u00f1\u00e1s brillaba o sol e as lagarti\u00f1as corricaban. Polas tardes chov\u00eda e os caracois \u00edan pasear. Polas noites brillaba a l\u00faa e os grilos cantaban.    <\/em><\/strong><\/p>\n","protected":false},"featured_media":56842,"template":"","meta":{"_acf_changed":false,"_seopress_robots_primary_cat":"none","_seopress_titles_title":"","_seopress_titles_desc":"","_seopress_robots_index":""},"product_brand":[],"product_cat":[46],"product_tag":[],"class_list":{"0":"post-71227","1":"product","2":"type-product","3":"status-publish","4":"has-post-thumbnail","6":"product_cat-coleccion-o-gl","7":"pa_idioma-espanol-gl","8":"pa_idioma-frances-gl","9":"pa_idioma-gallego-gl","10":"pa_idioma-portugues-gl","12":"first","13":"instock","14":"shipping-taxable","15":"purchasable","16":"product-type-variable"},"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product\/71227","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product"}],"about":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/product"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product\/71227\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/56842"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=71227"}],"wp:term":[{"taxonomy":"product_brand","embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product_brand?post=71227"},{"taxonomy":"product_cat","embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product_cat?post=71227"},{"taxonomy":"product_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product_tag?post=71227"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}