{"id":70821,"date":"2017-12-01T16:39:54","date_gmt":"2024-12-06T21:56:43","guid":{"rendered":"https:\/\/oqo.es\/product\/a-nai-do-heroe\/"},"modified":"2024-12-06T22:56:43","modified_gmt":"2024-12-06T21:56:43","slug":"a-nai-do-heroe","status":"publish","type":"product","link":"https:\/\/oqo.es\/gl\/produto\/a-nai-do-heroe\/","title":{"rendered":"A nai do heroe"},"content":{"rendered":"<p><cite><strong>O novo rexente herdou un reino inmenso, con ducados, marquesados, territorios de ultramar\u2026 \u2014E que palacio! \u2013dic\u00eda a xente. Herdou tam\u00e9n unha d\u00e9beda de cen mil moedas de ouro cun perigoso cabaleiro da fronteira: o cabaleiro Negro. Seu pai, o vello rei, sempre tivera as mans furadas (un pillab\u00e1n, para que nos imos enganar!). \u2014Estou negro! \u2013protestou o cabaleiro Negro diante do novo rei\u2013. Teu pai deb\u00edame cen mil moedas de ouro.       As\u00ed que ou pagas ou cobras! \u2013ameazou levantando a s\u00faa espada\u2013. <\/strong><\/cite><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A historia dun rei en dificultades non \u00e9 nova, tampouco que o monarca decida recorrer a un habilidoso espadach\u00edn ou valente cabaleiro para acabar cos seus problemas, tal e como sucede no relato de <strong>Roberto Malo<\/strong> e <strong>Francisco Javier Mateos<\/strong>. Ao longo do \u00e1lbum, hai sitio tam\u00e9n para ogros, trasnos e maxia. <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Con todo, esta historia pouco ten de conto tradicional: nin o \u00e9 no ton, nin na linguaxe do narrador e dos personaxes ?ateigados de xiros coloquiais e actuais? nin tampouco no desenvolvemento da trama. Neste relato pronto descubrimos que o papel do heroe non est\u00e1 representado polo rei, tampouco polo malvado cabaleiro Negro nin por Dick Van Dyke e a s\u00faa prodixiosa espada.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Tal como adianta o t\u00edtulo, a valente hero\u00edna \u00e9 a nai de Dick Van Dyke. A pesar de que o seu personaxe se corresponde co estereotipo m\u00e1is cl\u00e1sico: sobreprotectora, coidadora, conselleira&#8230; tam\u00e9n recolle o ton irreverente do conto. <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>As\u00ed, nada ten que ver o seu comportamento coa actitude pasiva coa que se caracterizou a moitos personaxes femininos ?tanto a nais, esposas ou prometidas? nos innumerables relatos de duelos entre cabaleiros.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>\u00c1 proxenitora de Dick Van Dyke non lle falta iniciativa, valent\u00eda e nobreza no car\u00e1cter; valores que definen a calquera heroe cl\u00e1sico, a\u00ednda que ben se poden atribu\u00edr a moitas nais, sexan estas da \u00e9poca dos cabaleiros e reinados, ou da era dos videoxogos e das redes sociais.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Nos contos tradicionais, a forza que move o heroe a actuar as\u00ed ten a s\u00faa orixe no amor, habitualmente da amada. No de Roberto Malo e Francisco Javier Mateos tam\u00e9n \u00e9 este sentimento o que alimenta a coraxe da protagonista. No entanto, tr\u00e1tase do amor que sente unha nai por un fillo.  <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O ton desenfadado da historia conta coa complicidade da reco\u00f1ecida ilustradora francesa <strong>Marjorie Pourchet<\/strong>, que a pesar da s\u00faa mocidade ten un amplo percorrido na literatura infantil, onde hai pouco se atreveu a dar o salto como autora.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Tr\u00e1tase dun traballo que mestura diferentes t\u00e9cnicas, acr\u00edlico, pluma&#8230; \u00e1s que incorporou colaxes con diferentes tipos de papel e decoraci\u00f3ns, creadas a trav\u00e9s de t\u00e9cnicas de impresi\u00f3n (monotipos, etc\u2026)<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A ilustradora imaxinou as l\u00e1minas de debuxo coma se fosen a decoraci\u00f3n dun teatro ou dunha opereta, onde, \u00e1s veces, poden cohabitar varias pequenas escenas nunha soa imaxe.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Deste xeito, busca invitar ao lector a imaxinar o car\u00e1cter \u201caloucado\u201d dos personaxes a trav\u00e9s de detalles \u201cabsurdos ou anacr\u00f3nicos\u201d inseridos nos seus vestidos, nos seus accesorios ou nos arredores.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Nos seus traballo estableceu v\u00ednculos e idas e voltas entre as p\u00e1xinas, axud\u00e1ndose con certos elementos evocados no texto. A intenci\u00f3n era achegar \u00e1s imaxes o contraste ?que existe no texto? entre o conto marabilloso tradicional e os acontecementos \u201cdivertidos e desfasados\u201d que te\u00f1en lugar en <em>A nai do heroe.<\/em><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Desta forma, Pourchet d\u00e1 vida a uns personaxes con aparencia grotesca, desproporcionados nas medidas (corpo pequeno e cabeza grande). Para recrear todo o relato fai uso dunha paleta viva de cores (amarelos, vermellos, negros) que reforzan o ton descarado, gracioso e atrevido da historia. <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Do mesmo xeito que lle sucede a Roberto Malo e Francisco Javier Mateos, esta \u00e9 a primeira colaboraci\u00f3n de Marjorie Pourchet con OQO editora para, tal e como revela ao principio a dedicatoria do conto, render xuntos unha divertida homenaxe a todas as nais.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Texto de Roberto Malo e Francisco Javier Mateos<br \/>Ilustraci\u00f3ns de Marjorie Pourchet<br \/>Traduci\u00f3n do castel\u00e1n de Paco Liv\u00e1n<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p><cite><strong>O novo rexente herdou un reino inmenso, con ducados, marquesados, territorios de ultramar\u2026 \u2014E que palacio! \u2013dic\u00eda a xente. Herdou tam\u00e9n unha d\u00e9beda de cen mil moedas de ouro cun perigoso cabaleiro da fronteira: o cabaleiro Negro. Seu pai, o vello rei, sempre tivera as mans furadas (un pillab\u00e1n, para que nos imos enganar!). \u2014Estou negro! \u2013protestou o cabaleiro Negro diante do novo rei\u2013. Teu pai deb\u00edame cen mil moedas de ouro. As\u00ed que ou pagas ou cobras!      <\/strong><\/cite><\/p>\n","protected":false},"featured_media":57710,"template":"","meta":{"_acf_changed":false,"_seopress_robots_primary_cat":"none","_seopress_titles_title":"","_seopress_titles_desc":"","_seopress_robots_index":""},"product_brand":[],"product_cat":[48],"product_tag":[],"class_list":{"0":"post-70821","1":"product","2":"type-product","3":"status-publish","4":"has-post-thumbnail","6":"product_cat-coleccion-q-gl","7":"pa_idioma-espanol-gl","8":"pa_idioma-frances-gl","9":"pa_idioma-gallego-gl","10":"pa_idioma-portugues-gl","12":"first","13":"instock","14":"shipping-taxable","15":"purchasable","16":"product-type-variable"},"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product\/70821","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product"}],"about":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/product"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product\/70821\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/57710"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=70821"}],"wp:term":[{"taxonomy":"product_brand","embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product_brand?post=70821"},{"taxonomy":"product_cat","embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product_cat?post=70821"},{"taxonomy":"product_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product_tag?post=70821"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}