{"id":70775,"date":"2017-12-01T17:40:09","date_gmt":"2017-12-01T16:40:09","guid":{"rendered":"https:\/\/oqo.es\/product\/seis-barbudos\/"},"modified":"2025-02-12T22:27:50","modified_gmt":"2025-02-12T21:27:50","slug":"seis-barbudos","status":"publish","type":"product","link":"https:\/\/oqo.es\/gl\/produto\/seis-barbudos\/","title":{"rendered":"Seis barbudos"},"content":{"rendered":"<p><strong><em>Seis barbudos entraron nunha panadar\u00eda. O panadeiro caeu co susto. Os clientes estaban aterrorizados. Aqueles barbudos non pod\u00edan buscar nada bo! <\/em><\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Tras a panadar\u00eda visitan unha carnizar\u00eda, unha tenda de xoguetes, unha tenda de disfraces, unha librar\u00eda e unha pastelar\u00eda. En todos os locais causan terror e desconfianza entre clientes e dependentes. Con todo, este temor \u00e9 infundado, xa que a s\u00faa presenza nos establecementos \u00e9 para adquirir o que normalmente se compra al\u00ed: pan, chourizos, globos, narices de pallaso, libros e unha torta.<br \/>\nA finalidade das s\u00faas compras tampouco \u00e9 sinistra: Aquela tarde, Nino pasouno moi ben na festa que lle prepararon os seus amigos: fartouse de comer pan con chourizo, xogou cos globos ata que explotaron, riu sen parar cos pallasos, leu os contos e apagou as seis candeas da torta, que estaba riqu\u00edsima!<br \/>\n<em>Con axuda das ilustraci\u00f3ns de Vitali Konstantinov, que evolucionan dunha ambientaci\u00f3n escura e inquietante cara a imaxes coloristas e alegres, Mar Pav\u00f3n d\u00e1 unha lecci\u00f3n do enganosas que poden ser as aparencias e de como estas crean prexu\u00edzos inxustos.<\/em><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>\u201cEste \u00e1lbum \u00e9 quizais o m\u00e1is at\u00edpico da <strong>mi\u00f1a bibliograf\u00eda<\/strong>. \u00c9 que, a\u00ednda que non \u00e9 a primeira vez que abordo o tema das aparencias, si o fago sen reservas e dun modo moito m\u00e1is <strong>audaz e directo<\/strong>\u201d, comenta a escritora do \u00e1lbum <em>Ranilda (OQO, 2010)<\/em>, cuxa protagonista \u00e9 unha ra moi guapa, a\u00ednda que ela non o sabe, que todos os d\u00edas se mira na auga e, como non lle gusta o seu aspecto, sempre est\u00e1 triste.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Nesta ocasi\u00f3n, con <em>Seis barbudos<\/em>, Mar Pav\u00f3n pretende que os pequenos se conciencien de que, por norma xeral, non \u00e9 bo deixarse levar por primeiras impresi\u00f3ns, sobre todo cando est\u00e1n supeditadas ao politicamente correcto. De feito, recrimina que tam\u00e9n o politicamente correcto resulta ser, moitas veces, \u201cmera aparencia\u201d.<br \/>\nRespecto diso, a autora apunta un dato paradoxal: as barbas dos protagonistas levantan sospeitas, cando, outrora, estas eran s\u00edmbolo de experiencia vital e sabedor\u00eda. Seguramente, por iso, decide finalizar o conto recuperando esta atribuci\u00f3n positiva: <em>E o mellor de todo foi que as barbas dos seus amigos lle fac\u00edan<\/em> (a Nino) <em>c\u00f3xegas cada vez que&#8230; lle daban un bico!<\/em><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O relato de Mar Pav\u00f3n non pode circunscribirse unicamente ao \u00e1mbito da denuncia, xa que tam\u00e9n \u00e9 un conto de intriga. A pesar de tratarse dun texto de estrutura circular, o argumento leva o lector a preguntarse con insistencia que pasar\u00e1 ao final.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Na recreaci\u00f3n deste ambiente, a escritora destaca o \u201cespl\u00e9ndido\u201d traballo de Vitali Konstantinov, ao lles dar vida aos misteriosos personaxes \u201cde car\u00e1cter certamente sinistro, case aterrador\u201d, na maior parte do \u00e1lbum. Estas connotaci\u00f3ns contrastan coas imaxes coloristas e alegres do final da trama. En todo caso, ao longo do conto, o ilustrador vai deixando pistas de que o final non \u00e9 tan escuro e terrible: a cor aparece nos agasallos que adquiren os barbudos para a festa.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Non hai d\u00fabida, con todo, de que as longas e frondosas barbas son as que, desde o primeiro momento, lle chaman a atenci\u00f3n ao lector. Konstantinov inspirouse nas que tradicionalmente luc\u00edan os homes de Baviera. O artista, de orixe rusa, reside en Alema\u00f1a. Esta chiscadela \u00e1 cultura b\u00e1vara non \u00e9 anecd\u00f3tica. O ilustrador confirma as s\u00faas referencias na festa de aniversario de Nino. Os seis barbudos aparecen bailando o<em> schuhplattler,<\/em> baile tradicional de Baviera, co pantal\u00f3n curto t\u00edpico da rexi\u00f3n, o <em>lederhose<\/em>.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Estamos ante un \u00e1lbum divertido no que Konstantinov recrea con mestr\u00eda os enxe\u00f1osos medios de transporte, inventados por Mar Pav\u00f3n como a <em>aerovasoira<\/em>, o <em>motociclope<\/em> ou <em>o paticiclo<\/em>. Pero tam\u00e9n \u00e9 un conto instrutivo. O lector acompa\u00f1a os barbudos na preparaci\u00f3n do que ser\u00e1 a festa de aniversario de Nino, co que ir\u00e1 co\u00f1ecendo diferentes oficios (panadeiro, carniceiro&#8230;) e realizando un exercicio matem\u00e1tico, coa resta \u2013con permiso das barbas\u2013 como protagonista.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Texto de Mar Pav\u00f3n<br \/>\nIlustraci\u00f3ns de Vitali Konstantinov<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p><strong><em>Seis barbudos entraron nunha panadar\u00eda. O panadeiro caeu co susto. Os clientes estaban aterrorizados. Aqueles barbudos non pod\u00edan buscar nada bo! <\/em><\/strong><\/p>\n","protected":false},"featured_media":60585,"template":"","meta":{"_acf_changed":false,"_seopress_robots_primary_cat":"none","_seopress_titles_title":"","_seopress_titles_desc":"","_seopress_robots_index":""},"product_brand":[],"product_cat":[46],"product_tag":[],"class_list":{"0":"post-70775","1":"product","2":"type-product","3":"status-publish","4":"has-post-thumbnail","6":"product_cat-coleccion-o-gl","7":"pa_idioma-espanol-gl","8":"pa_idioma-gallego-gl","10":"first","11":"outofstock","12":"shipping-taxable","13":"purchasable","14":"product-type-variable"},"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product\/70775","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product"}],"about":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/product"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product\/70775\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":72392,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product\/70775\/revisions\/72392"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/60585"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=70775"}],"wp:term":[{"taxonomy":"product_brand","embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product_brand?post=70775"},{"taxonomy":"product_cat","embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product_cat?post=70775"},{"taxonomy":"product_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product_tag?post=70775"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}