{"id":70573,"date":"2017-12-01T16:40:06","date_gmt":"2024-12-06T00:36:24","guid":{"rendered":"https:\/\/oqo.es\/product\/o-senor-ramon-e-a-senora-ramona\/"},"modified":"2024-12-06T01:36:24","modified_gmt":"2024-12-06T00:36:24","slug":"o-senor-ramon-e-a-senora-ramona","status":"publish","type":"product","link":"https:\/\/oqo.es\/gl\/produto\/o-senor-ramon-e-a-senora-ramona\/","title":{"rendered":"O se\u00f1or Ram\u00f3n e a se\u00f1ora Ramona"},"content":{"rendered":"<p><cite><strong>\u00a1RIC-RIC-RIC!&#8230; Aquel ru\u00eddo non paraba, e a se\u00f1ora Ramona colleu medo.. \u2013Ram\u00f3n&#8230;! Esperta, home! O se\u00f1or Ram\u00f3n, por fin, abriu os ollos. \u2013Que foi? \u2013Anda algu\u00e9n na coci\u00f1a, Ram\u00f3n!<\/strong><\/cite><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Os dous lev\u00e1ntanse da cama e cami\u00f1an cara \u00e1 coci\u00f1a. O son aumenta \u00e1 vez que os seus medos, o que provoca que a s\u00faa imaxinaci\u00f3n se dispare: Ser\u00e1 un gato xigante? un crocodilo? unha serpe? ou quizais&#8230; un elefante?<\/p>\n<p>\u201c\u00bfQuen non tivo medo algunha vez? Todos pasamos por este estado de angustia\u201d, argumenta <strong>Beatriz Montero<\/strong> para xustificar o comportamento desconcertante dos seus protagonistas, cuxa idade fai prever unha reacci\u00f3n menos insegura e m\u00e1is serena.<\/p>\n<p>Por iso \u00e9 polo que resulta tan entra\u00f1able esta historia de dous av\u00f3s asustadizos e das s\u00faas disparatadas \u2013por improbables\u2013 hip\u00f3teses. Precisamente, o temor, que non ocultan, fainos m\u00e1is pr\u00f3ximos aos pequenos, xa que comproban que comparten m\u00e1is cousas cos adultos do que parece: o medo ao desco\u00f1ecido (\u00e1 noite, aos ru\u00eddos estra\u00f1os&#8230;) \u00e9 inherente \u00e1 condici\u00f3n humana e, xa que logo, non \u00e9 algo do que deban avergo\u00f1arse.<\/p>\n<p>Non s\u00f3 iso, sen\u00f3n que \u00e9 necesario que o medo estea presente no seu proceso de aprendizaxe, xa que lles axudar\u00e1 a facer fronte a situaci\u00f3ns de risco. No entanto, os nenos non deben estar sobreexpostos, xa que pode xerar ansiedade e problemas de autoestima. Por iso, <em>O se\u00f1or Ram\u00f3n e a se\u00f1ora Ramona<\/em> exp\u00f3n e resolve o conflito dun xeito divertido.    <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Beatriz Montero persegue con esta historia que os m\u00e1is pequenos comprendan que o medo non debe paralizalos e destaca o feito de que unha persoa sen medo est\u00e1 \u201cm\u00e1is aberta a aprender, relacionarse, compartir, descubrir e amar\u201d.<\/p>\n<p>\u201cDe pequena compart\u00eda cuarto coa mi\u00f1a irm\u00e1. Polas noites, os ru\u00eddos disparaban a nosa imaxinaci\u00f3n e constru\u00edmos na nosa mente monstros e animais feroces que nos pod\u00edan devorar\u201d, revela a autora sobre a orixe deste conto. Do mesmo xeito que os dous protagonistas, as d\u00faas irm\u00e1s tam\u00e9n ti\u00f1an medo: \u201csorteabamos quen sa\u00eda da cama para descubrir de onde vi\u00f1a o ru\u00eddo\u201d.<\/p>\n<p>Neste conto, pola contra, o se\u00f1or Ram\u00f3n e a se\u00f1ora Ramona, suman forzas, van xuntos e ap\u00f3ianse fronte ao medo. Esa solidariedade forma parte tam\u00e9n da aprendizaxe. Beatriz Montero reco\u00f1ece o encantada que estar\u00eda de pequena cun conto coma este. \u201c\u00a1Cantos paseos nocturnos aforrados!\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Esta divertida historia non ser\u00eda posible sen o \u201cagarimo e coidado\u201d que <strong>Leire Salaberria<\/strong> puxo no seu debut en OQO para dar vida a estes \u201cdous av\u00f3s moi simp\u00e1ticos e curiosos\u201d.<\/p>\n<p>A\u00ednda que toda a historia sucede no interior, a ilustradora vasca logra con facilidade trasladar o lector do corredor, \u00e1 selva e, desta \u00faltima, \u00e1 coci\u00f1a. Para iso, conta coa axuda do empapelado da casa, cuxos debuxos florais facilitan esta viaxe visual polas incribles (e por iso graciosas) posibilidades que expo\u00f1en os atemorizados av\u00f3s sobre a orixe do ru\u00eddo.<\/p>\n<p>\u201cA historia d\u00e1bame a suficiente liberdade para crear un mundo paralelo contado mediante imaxes e afastado da simple descrici\u00f3n do texto. As\u00ed, \u00e1 vez que a imaxinaci\u00f3n deles aumentaba, m\u00e1is penetraban nunha selva, onde se \u00edan atopando con todos estes animais imaxinarios\u201d, valora Leire Salaberria para explicar a s\u00faa proposta visual, na que un gato xigante, un crocodilo, unha serpe e un elefante van facendo acto de presenza no&#8230; corredor dunha casa!<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Para lograr esta atmosfera exterior dentro do interior da vivenda, utilizou a t\u00e9cnica da <em>colaxe<\/em>, coa que creou os personaxes, obxectos e plantas. As conxecturas surrealistas do se\u00f1or Ram\u00f3n e a se\u00f1ora Ramona cobraron forma grazas \u00e1 mestura de acr\u00edlicos, rotuladores e lapis.<\/p>\n<p>Salaberria optou por cores vivas nunha paleta non demasiado ampla. A intenci\u00f3n final foi a de lograr moita textura, para que o lector poida \u201cpalpar\u201d os personaxes que s\u00f3 est\u00e1n na imaxinaci\u00f3n dos protagonistas.<\/p>\n<p>Ademais, os lectores agudos e astutos atopar\u00e1n pequenas chiscadelas nas imaxes, que lles dar\u00e1n pistas para resolver o misterio que tan asustados ten ao se\u00f1or Ram\u00f3n e \u00e1 se\u00f1ora Ramona. <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Texto de Beatriz Montero<br \/>Ilustraciones de Leire Salaberria<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p><cite><strong>\u00a1RIC-RIC-RIC!&#8230; Aquel ru\u00eddo non paraba, e a se\u00f1ora Ramona colleu medo.. \u2013Ram\u00f3n&#8230;! Esperta, home! O se\u00f1or Ram\u00f3n, por fin, abriu os ollos. \u2013Que foi? \u2013Anda algu\u00e9n na coci\u00f1a, Ram\u00f3n!<\/strong><\/cite><\/p>\n","protected":false},"featured_media":57210,"template":"","meta":{"_acf_changed":false,"_seopress_robots_primary_cat":"none","_seopress_titles_title":"","_seopress_titles_desc":"","_seopress_robots_index":""},"product_brand":[],"product_cat":[46],"product_tag":[],"class_list":{"0":"post-70573","1":"product","2":"type-product","3":"status-publish","4":"has-post-thumbnail","6":"product_cat-coleccion-o-gl","7":"pa_idioma-espanol-gl","8":"pa_idioma-gallego-gl","10":"first","11":"outofstock","12":"shipping-taxable","13":"purchasable","14":"product-type-variable"},"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product\/70573","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product"}],"about":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/product"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product\/70573\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/57210"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=70573"}],"wp:term":[{"taxonomy":"product_brand","embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product_brand?post=70573"},{"taxonomy":"product_cat","embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product_cat?post=70573"},{"taxonomy":"product_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product_tag?post=70573"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}