{"id":70550,"date":"2017-12-01T16:40:05","date_gmt":"2024-12-06T00:13:15","guid":{"rendered":"https:\/\/oqo.es\/product\/a-escaleira\/"},"modified":"2025-02-01T08:25:15","modified_gmt":"2025-02-01T07:25:15","slug":"a-escaleira","status":"publish","type":"product","link":"https:\/\/oqo.es\/gl\/produto\/a-escaleira\/","title":{"rendered":"A escaleira"},"content":{"rendered":"<p><cite><strong>O carteiro subiu, subiu, subiu pola escaleira.. Chamou \u00e1 porta: Din-don! Din-don! Non hab\u00eda ningu\u00e9n. Deixou a carta no chan\u2026 \u2026 e baixou, baixou, baixou pola escaleira.     <\/strong><\/cite><\/p>\n<p>Esta acci\u00f3n rep\u00edtena, co mesmo resultado infrutuoso, o zapateiro, o xardineiro e o panadeiro. Deste xeito, enriba da carta depositada ante a porta do cuarto piso acaban acumul\u00e1ndose un par de zapatos, un ramo de flores e unha barra de pan ata que entra en escena unha nena resolta.<\/p>\n<p>Do mesmo xeito que o resto de personaxes, a pequena sobe pola xa co\u00f1ecida \u2013para o lector\u2013 escaleira ata o tam\u00e9n consabido cuarto piso. Unha vez al\u00ed, o relato d\u00e1 un xiro inesperado, grazas \u00e1 espontaneidade e picard\u00eda da pequena que resolve con graza e de inmediato toda a trama. <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><em>A escaleira<\/em> \u00e9 un conto orixinal de <strong>Beatriz Montero<\/strong> que recrea a adquisici\u00f3n da linguaxe nos nenos de pouca idade. Cada chanzo \u00e9 unha pequena conquista da s\u00faa mente. O carteiro, o zapateiro, o xardineiro e o panadeiro soben a escaleira e van deixando os nomes dos seus oficios e alg\u00fans obxectos ante a porta. Deste xeito, aprenden aos poucos novas palabras e conceptos. \u201cNon entenden todas as palabras que escoitan, pero a repetici\u00f3n ax\u00fadalles a gravalas na s\u00faa memoria\u201d, subli\u00f1a a escritora.<\/p>\n<p>Con este conto, Beatriz Montero pretende espertar as capacidades intelectuais dos m\u00e1is pequenos. Por iso, ten unha estrutura sinxela e repetitiva que facilita a memorizaci\u00f3n e o xogo de interacci\u00f3n cos nenos. \u201cSubir e baixar a escaleira dota o conto dun movemento divertido, por onde pasan personaxes con diferentes oficios\u201d.<\/p>\n<p>Cada oficio \u00e9 un chanzo necesario na vida coti\u00e1, e todos son igual de importantes. O panadeiro fai o pan para comer, o zapateiro arranxa os zapatos para cami\u00f1ar, o xardineiro coida as plantas e as \u00e1rbores, o carteiro reparte as cartas e con\u00e9ctanos cos que viven lonxe.<\/p>\n<p>E como todos son igualmente importantes, todos fan o mesmo no conto: soben, chaman \u00e1 porta, deixan un obxecto, e baixan a escaleira. \u201cCo\u00f1ecer as diferentes profesi\u00f3ns axuda ao desenvolvemento social do neno nun mundo que est\u00e1 descubrindo\u201d, incide Beatriz Montero.    <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O xogo de onomatopeas (Din-don! Din-don!), reforzado pola ilustraci\u00f3n, d\u00e1lle un ton l\u00fadico \u00e1 narraci\u00f3n e marca un ritmo que \u2013no caso de ser contada\u2013 permite a participaci\u00f3n dos que a est\u00e1n escoitando. Respecto diso, Beatriz Montero apunta que os nenos moi pequenos necesitan que as pegadas do conto sexan reiterativas e evidentes para recordalas, memorizalas e repetilas.<\/p>\n<p>\u201cAos nenos g\u00fastalles aprender de xeito l\u00fadico e afectivo\u201d, apunta. Ademais, destaca que <em>A escaleira<\/em> lles axudar\u00e1 a interiorizar conceptos espaciais: como \u201carriba e abaixo\u201d ou \u201cdentro e f\u00f3ra\u201d (a porta pechada que finalmente se abre).<\/p>\n<p>Este relato mostra tam\u00e9n unha nena aut\u00f3noma que toma por si soa as decisi\u00f3ns de subir a escaleira, recoller as cousas que est\u00e1n no chan, p\u00f3r as flores no pelo, colocar os zapatos e comer o pan. \u201cA independencia proporciona confianza e autoestima. Por iso a nena berra <em>\u00c1breme!<\/em>, porque ten a seguridade de que o seu av\u00f3 lle vai abrir a porta\u201d, aclara Beatriz Montero, quen busca con este final incidir na importancia dos lazos afectivos entre a nena e o av\u00f3: \u201cese amor que abre todas as portas\u201d.<\/p>\n<p>A rapidez no desenvolvemento das acci\u00f3ns fai m\u00e1is sinxelo o seguimento da trama. Ademais, a construci\u00f3n da historia prod\u00facese de tal modo que esperta a curiosidade e alimenta o interese por co\u00f1ecer o desenlace.<\/p>\n<p>O relato \u00e9 perfectamente comprensible a trav\u00e9s das ilustraci\u00f3ns. Basta con seguir as peripecias duns personaxes divertidos e con estilo propio aos que d\u00e1 vida <strong>Ra\u00fal Nieto Guridi <\/strong>con \u201cpoucos aderezos\u201d e xogando simplemente co \u201clapis\u201d e certas \u201ctexturas\u201d. <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O ilustrador andaluz expuxo a narraci\u00f3n visual como \u201cun xogo\u201d cunha posta en escena \u201cdivertida\u201d. Nel participan: \u201cunha escaleira, uns personaxes que soben e baixan e unha nena que pecha a trama con tenrura (e certa picard\u00eda)\u201d.<\/p>\n<p>A escaleira \u00e9 representada nas ilustraci\u00f3ns como \u201cun elemento solto e cambiante\u201d, ao que Ra\u00fal Nieto lle concede a mesma importancia que aos personaxes \u201ce estes te\u00f1en a s\u00faa propia peculiaridade en funci\u00f3n do seu oficio\u201d.<\/p>\n<p>As\u00ed, todos est\u00e1n caracterizados de modo que, sen necesidade do texto, o lector reco\u00f1ece a profesi\u00f3n. Ademais, o relato visual desenv\u00f3lvese coma se os personaxes fosen elementos dunha tremoia: \u201cun conxunto de personaxes de teatro para representar unha obra aloucada cun final feliz e divertido\u201d. <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Texto de Beatriz Montero Ilustraci\u00f3ns de Ra\u00fal Nieto Guridi<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p><cite><strong>O carteiro subiu, subiu, subiu pola escaleira.. Chamou \u00e1 porta: Din-don! Din-don! Non hab\u00eda ningu\u00e9n. Deixou a carta no chan\u2026 \u2026 e baixou, baixou, baixou pola escaleira.     <\/strong><\/cite><\/p>\n","protected":false},"featured_media":57254,"template":"","meta":{"_acf_changed":false,"_seopress_robots_primary_cat":"none","_seopress_titles_title":"","_seopress_titles_desc":"","_seopress_robots_index":""},"product_brand":[],"product_cat":[46],"product_tag":[],"class_list":{"0":"post-70550","1":"product","2":"type-product","3":"status-publish","4":"has-post-thumbnail","6":"product_cat-coleccion-o-gl","7":"pa_idioma-espanol-gl","8":"pa_idioma-gallego-gl","9":"pa_idioma-portugues-gl","11":"first","12":"instock","13":"shipping-taxable","14":"purchasable","15":"product-type-variable"},"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product\/70550","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product"}],"about":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/product"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product\/70550\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/57254"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=70550"}],"wp:term":[{"taxonomy":"product_brand","embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product_brand?post=70550"},{"taxonomy":"product_cat","embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product_cat?post=70550"},{"taxonomy":"product_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product_tag?post=70550"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}