{"id":70458,"date":"2017-12-01T16:40:04","date_gmt":"2024-12-05T22:31:52","guid":{"rendered":"https:\/\/oqo.es\/product\/oso-atrapabolboretas\/"},"modified":"2024-12-05T23:31:52","modified_gmt":"2024-12-05T22:31:52","slug":"oso-atrapabolboretas","status":"publish","type":"product","link":"https:\/\/oqo.es\/gl\/produto\/oso-atrapabolboretas\/","title":{"rendered":"Oso Atrapabolboretas"},"content":{"rendered":"<p><strong><cite>Oso viv\u00eda no bosque. O que m\u00e1is lle gustaba era andar de paseo, botar unha soneca ao p\u00e9 do lago e coleccionar cousas que atopaba entre as \u00e1rbores. Un d\u00eda apareceu un ganap\u00e1n no alto dunha rama. \u2014Que poder\u00eda facer con isto?   <\/cite><\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>As aparencias enganan. Ao contrario do que poida parecer, nada te\u00f1en que temer as bolboretas deste dispositivo \u2014tan utilizado por coleccionistas para cazalas co obxecto de disecalas\u2014 nin de que este caia en mans dun oso cun enorme foci\u00f1o. Do mesmo xeito que na s\u00faa primeira colaboraci\u00f3n con OQO (<em>Pil\u00fa Pil\u00fa!<\/em>) <strong>Susanna Isern<\/strong> volve deleitarnos cun personaxe entra\u00f1able, a quen de ningunha maneira se lle pasa pola cabeza engadir as bolboretas a s\u00faa colecci\u00f3n de obxectos nin tampouco a s\u00faa dieta. Todo o contrario: usa o ganap\u00e1n para salvalas cando caen ao lago e o seu grande nariz para que se sequen r\u00e1pido e poidan volver mover as \u00e1s. <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>\u201cUnha tarde de ver\u00e1n, cando o meu fillo maior ti\u00f1a tres anos, contoume que rescatara unha bolboreta do mar e que a puxera sobre unha roca para que se lle secasen as \u00e1s. Pareceume moi tenro e axi\u00f1a naceu unha historia na mi\u00f1a cabeza\u201d, revela a autora sobre a orixe.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><em>Oso Atrapabolboretas<\/em> \u00e9, en esencia, un libro sobre a bondade: a inclinaci\u00f3n natural do protagonista cara ao ben \u00e9 indiscutible: protexe dun modo admirable as bolboretas por iniciativa propia e sen esperar nada a cambio.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>\u00c9 tam\u00e9n unha tenra historia sobre a amizade: a que nace entre Oso e a enorme bolboreta, Branca, quen o acabar\u00e1 rescatando non s\u00f3 do lago sen\u00f3n tam\u00e9n da s\u00faa soidade.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><em>Pasaban moito tempo xuntos. A ela encant\u00e1balle facerlle c\u00f3xegas nas orellas e xogar \u00e1s agachadas. A el gust\u00e1balle contarlle historias secretas do bosque e soprarlle suavemente nas antenas.  <\/em><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Se quen sementa ventos, recolle tempestades; quen reparte xenerosidade e bondade \u2014coma Oso\u2014 debe recibir, como m\u00ednimo, agradecemento. Ademais, segundo nos lembra un vello dito popular: \u201ccoitas e cami\u00f1os dannos amigos\u201d. <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>E isto \u00e9 o que lle ocorre a Oso cando cae \u00e1 auga: unha nube de bolboretas \u2014todas as que salvara durante tanto tempo e que fuxiran asustadas\u2014 acaban acudindo a socorrelo: <em>agarr\u00e1rono coas s\u00faas pati\u00f1as e levant\u00e1rono coma se fose unha pluma<\/em>.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Deste xeito, volvemos confirmar o sentido inicial do conto: as aparencias enganan. \u201cAqueles que supomos m\u00e1is fr\u00e1xiles, se unen as s\u00faas forzas, poden mover monta\u00f1as (neste caso, a un mam\u00edfero plant\u00edgrado)\u201d, matiza Susanna Isern. <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Tam\u00e9n para a ilustradora <strong>Marjorie Pourchet<\/strong> esta \u00e9 a s\u00faa segunda colaboraci\u00f3n con OQO.Tecnicamente, en <em>Oso Atrapabolboretas<\/em>, contin\u00faa na \u201cli\u00f1a de procuras no nivel gr\u00e1fico\u201d iniciada en <em>A nai do heroe<\/em>: pluma, pintura acr\u00edlica, decoraci\u00f3ns creadas a trav\u00e9s de t\u00e9cnicas de impresi\u00f3n e colaxes. <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>No entanto, este \u00e9 o primeiro dos seus traballos en que todos os personaxes aos que d\u00e1 vida son animais. Por iso, quizais, son bastante antropom\u00f3rficos: a pelame desaparece da cara de Oso, ten colorete rosa nas fazulas&#8230; Deste xeito, busca facilitar que o lector se identifique co protagonista.  <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>As bolboretas neste conto son, para Oso, unha especie de tesouro quim\u00e9rico, inaccesible&#8230; Por iso \u00e9 polo que a ilustradora mant\u00e9n unha distancia nos encadramentos e non xoga con primeiros planos sobre elas.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>En cambio, o tratamento visual da bolboreta grande, Branca, \u00e9 diferente. Marjorie Pourchet enxalza o seu protagonismo entre todas as demais e out\u00f3rgalle maior expresividade ao xogar coas s\u00faas \u00e1s, debuxarlle ollos&#8230; <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A trav\u00e9s das ilustraci\u00f3ns, Marjorie informa o lector de moitas m\u00e1is acci\u00f3ns que o texto non narra. O paso do tempo pode lerse na follaxe que se volve vermella ou acaba por desaparecer en diferentes momentos da historia. <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Existe tam\u00e9n un paralelismo entre o espazo do lago \u2014lugar no que fai vida Oso\u2014 e o do ceo \u2014onde se recuperar\u00e1 da ca\u00edda na auga\u2014 tanto pola cor cincenta como polo xogo de simetr\u00eda vertical na dobre p\u00e1xina.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>De igual forma, Pourchet xogou coa acumulaci\u00f3n progresiva dos obxectos que colecciona Oso para ofrecer unha narraci\u00f3n paralela \u00e1 historia. As\u00ed, antes de atopar a bolboreta grande, aparecen amontoados na s\u00faa barca \u201ccomo unha especie de barricada que protexe a s\u00faa soidade\u201d. Finalmente, acaban atopando o seu lugar e a s\u00faa funcionalidade cando Branca entra na s\u00faa vida, como lle ocorre a Oso cando o ganap\u00e1n aparece na s\u00faa.  <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Texto de Susanna Isern<br \/>Ilustraci\u00f3ns de Marjorie Pourchet<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p><strong><cite>Oso viv\u00eda no bosque. O que m\u00e1is lle gustaba era andar de paseo, botar unha soneca ao p\u00e9 do lago e coleccionar cousas que atopaba entre as \u00e1rbores. Un d\u00eda apareceu un ganap\u00e1n no alto dunha rama. \u2014Que poder\u00eda facer con isto?   <\/cite><\/strong><\/p>\n","protected":false},"featured_media":57359,"template":"","meta":{"_acf_changed":false,"_seopress_robots_primary_cat":"none","_seopress_titles_title":"","_seopress_titles_desc":"","_seopress_robots_index":""},"product_brand":[],"product_cat":[46],"product_tag":[],"class_list":{"0":"post-70458","1":"product","2":"type-product","3":"status-publish","4":"has-post-thumbnail","6":"product_cat-coleccion-o-gl","7":"pa_idioma-espanol-gl","8":"pa_idioma-frances-gl","9":"pa_idioma-gallego-gl","10":"pa_idioma-portugues-gl","12":"first","13":"instock","14":"shipping-taxable","15":"purchasable","16":"product-type-variable"},"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product\/70458","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product"}],"about":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/product"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product\/70458\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/57359"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=70458"}],"wp:term":[{"taxonomy":"product_brand","embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product_brand?post=70458"},{"taxonomy":"product_cat","embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product_cat?post=70458"},{"taxonomy":"product_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product_tag?post=70458"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}