{"id":70097,"date":"2017-12-01T16:39:56","date_gmt":"2024-12-04T21:36:11","guid":{"rendered":"https:\/\/oqo.es\/product\/o-galo-traganoces-2\/"},"modified":"2024-12-04T22:36:11","modified_gmt":"2024-12-04T21:36:11","slug":"o-galo-traganoces-2","status":"publish","type":"product","link":"https:\/\/oqo.es\/gl\/produto\/o-galo-traganoces-2\/","title":{"rendered":"O galo traganoces"},"content":{"rendered":"<p><cite><strong>Un d\u00eda, o galo e a gali\u00f1a sa\u00edron da granxa dispostos a co\u00f1ecer mundo. Corricaron por aqu\u00ed e petiscaron por al\u00e1 ata que tropezaron cunha nogueira grande e frondosa. Como o galo devec\u00eda polas noces, comeu tantas e tan \u00e1 pr\u00e9sa que se lle atrancaron na gorxa.  <\/strong><\/cite><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Deste xeito, comeza o periplo desesperado da gali\u00f1a para salvar o seu querido amigo comell\u00f3n. Nesta empresa veranse implicados unha granxeira, un zapateiro, unha ovella, un ferreiro e ata un carballo! <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Todos eles non dubidan en prestar a s\u00faa axuda. R\u00e1pidos colaboran nun traballo en equipo onde, a pesar das dificultades encadeadas, acaba triunfando a boa vontade e a solidariedade. <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Roberto Mezquita<\/strong> crea unha nova versi\u00f3n deste conto acumulativo estendido por toda Europa, co\u00f1ecido como <em>O piti\u00f1o da abeleira<\/em>. Esta revisitaci\u00f3n mant\u00e9n intacto o texto encadeado na exposici\u00f3n da trama e desenlace. De igual xeito, conserva a estrutura repetitiva, propia dos contos da tradici\u00f3n oral que facilita que poida ser recordado e contado sen dificultades:  <\/p>\n<p><em>\u2014O galo papou noces a fartar e agora o pobre afoga por lamb\u00f3n. Axi\u00f1a!, se o queremos axudar, un grolo de auga \u00e9 a soluci\u00f3n.   <\/em><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Roberto Mezquita inspirouse na versi\u00f3n sueca. \u00c1 hora de enfrontarse a este traballo, o seu oficio de contacontos axudoulle a \u201cacomodala\u201d ao formato de \u00e1lbum ilustrado sen que iso impida que a historia final poida \u201cser contada de viva voz e escoitada de viva orella do mellor xeito posible\u201d, como sempre se fixo con este tipo de relatos de tradici\u00f3n oral. <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>En todo caso, durante este proceso de adaptaci\u00f3n, incorpor\u00e1ronse detalles novos que, como en todas as versi\u00f3ns, enriquecen a historia tradicional. Desta forma, os co\u00f1ecedores do conto te\u00f1en aseguradas sorpresas tanto no texto coma nas ilustraci\u00f3ns de <strong>Bernardo Carvalho<\/strong>, cheas de humor. <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Tras varias colaboraci\u00f3ns con OQO editora (<em>Mariluz Avestruz, Rita, Macario Dromedario<\/em> e <em>Zalgum<\/em>), desta vez sorpr\u00e9ndenos cunha t\u00e9cnica na que os elementos e personaxes aparecen dese\u00f1ados como manchas de cor transparentes que se mesturan entre si, excepto o galo que, como protagonista, e a\u00ednda sendo tam\u00e9n transparente, goza dun tratamento totalmente contrario ao resto dos personaxes, xa que \u00e9 o \u00fanico que est\u00e1 feito a li\u00f1a, menos a crista e as barbadelas, pintadas dun vermello intenso.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Deste xeito, cons\u00e9guese que as imaxes ga\u00f1en forza e expresividade. No entanto, neste tipo de traballos a dificultade reside en \u201cmanter a harmon\u00eda\u201d entre as diferentes li\u00f1as das imaxes, xa que, de non ser as\u00ed, c\u00f3rrese o risco de que as ilustraci\u00f3ns queden \u201cca\u00f3ticas e desordenadas\u201d, aclara Carvalho. <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Todo o contrario, a proposta de ilustraci\u00f3n \u00e9 orixinal e coherente. Achega aire fresco, necesario para volver dar vida ?como consegue a gali\u00f1a co galo? a relatos tan co\u00f1ecidos. Por este motivo, non nos cansamos de reencontrarnos con eles, como sempre ocorre cunha boa historia.  <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Texto de Roberto Mezquita<br \/>Ilustraci\u00f3ns de Bernardo Carvalho<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p><cite><strong>Un d\u00eda, o galo e a gali\u00f1a sa\u00edron da granxa dispostos a co\u00f1ecer mundo. Corricaron por aqu\u00ed e petiscaron por al\u00e1 ata que tropezaron cunha nogueira grande e frondosa. Como o galo devec\u00eda polas noces, comeu tantas e tan \u00e1 pr\u00e9sa que se lle atrancaron na gorxa.  <\/strong><\/cite><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Deste xeito, comeza o periplo desesperado da gali\u00f1a para salvar o seu querido amigo comell\u00f3n. Nesta empresa veranse implicados unha granxeira, un zapateiro, unha ovella, un ferreiro e ata un carballo! <\/p>\n","protected":false},"featured_media":57626,"template":"","meta":{"_acf_changed":false,"_seopress_robots_primary_cat":"none","_seopress_titles_title":"","_seopress_titles_desc":"","_seopress_robots_index":""},"product_brand":[],"product_cat":[46],"product_tag":[],"class_list":{"0":"post-70097","1":"product","2":"type-product","3":"status-publish","4":"has-post-thumbnail","6":"product_cat-coleccion-o-gl","7":"pa_idioma-espanol-gl","8":"pa_idioma-frances-gl","9":"pa_idioma-gallego-gl","10":"pa_idioma-portugues-gl","12":"first","13":"instock","14":"shipping-taxable","15":"purchasable","16":"product-type-variable"},"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product\/70097","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product"}],"about":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/product"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product\/70097\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/57626"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=70097"}],"wp:term":[{"taxonomy":"product_brand","embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product_brand?post=70097"},{"taxonomy":"product_cat","embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product_cat?post=70097"},{"taxonomy":"product_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product_tag?post=70097"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}