{"id":69735,"date":"2017-12-01T16:39:31","date_gmt":"2024-12-04T15:10:46","guid":{"rendered":"https:\/\/oqo.es\/product\/zalgum-gal\/"},"modified":"2024-12-04T16:10:46","modified_gmt":"2024-12-04T15:10:46","slug":"zalgum-gal","status":"publish","type":"product","link":"https:\/\/oqo.es\/gl\/produto\/zalgum-gal\/","title":{"rendered":"Zalgum (GAL)"},"content":{"rendered":"<p><em><strong>A fermosa Zalgum adoitaba ba\u00f1arse na fonte onde seu irm\u00e1n daba de beber ao cabalo. Un d\u00eda, o irm\u00e1n viu brillar na auga un pelo longo e vermello e prometeu casar coa dona daquel cabelo. Os pais estaban desgustados, porque non quer\u00edan que seu fillo renunciase a buscar parella. A Zalgum s\u00f3 lle dixeron que o seu irm\u00e1n casaba\u2026   <\/strong><\/em><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Un conto con m\u00e1is dun significado e, por tanto, con m\u00e1is dun destinatario. Dunha banda, seduci\u00f3n, seres terribles, animais que falan, unha muller que se rebela contra o destino\u2026 en definitiva, ingredientes para aos pequenos lectores que gustan do marabilloso. Da outra, a transposici\u00f3n simb\u00f3lica das pulsi\u00f3ns humanas, de interese para o p\u00fablico adulto, propicia a reflexi\u00f3n verbo de antigos mitos e temas como a tentaci\u00f3n do incesto, a violencia da envexa, os celos, a curiosidade\u2026 impulsos que os heroes vencer\u00e1n para estar en paz con eles mesmos e co universo.<\/p>\n<p>Os paxaros, que a mi\u00fado desempe\u00f1an un importante papel nos contos marabillosos, cumpren nesta historia, a funci\u00f3n de intermediarios entre a terra e o ceo, entre o humano e o divino. Al\u00e9n diso, os paxaros, dotados da palabra, son xenerosos, vix\u00edan o destino da hero\u00edna e est\u00e1n dispostos a axudala cando se atopa en graves dificultades.    <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Historias como Zalgum conv\u00eddannos a medrar e a explorar o noso mundo interior, coa finalidade de vencer os obst\u00e1culos m\u00e1is dif\u00edciles, no cami\u00f1o da madurez. Os contos, poes\u00edas e lendas sobre o amor e a guerra, os seus temas favoritos, constit\u00faen a esencia da literatura oral dos pobos b\u00e9rberes. Alg\u00fans autores contempor\u00e1neos alxerianos recolleron, para os preservaren, estes contos tradicionais de incalculable valor. Por\u00e9n, na actualidade, a\u00ednda \u00e9 posible escoitar \u00e1s avoas de Kabylia ou a alg\u00fan contador que tras reunir ao anoitecer a s\u00faa xente, por medio da narraci\u00f3n, transporta o auditorio a universos antigos.<br \/>Zalgum \u00e9 unha desas narraci\u00f3ns que chegaron ata n\u00f3s de xeraci\u00f3n en xeraci\u00f3n. Por \u00faltimo, un comentario merecen tam\u00e9n, as ilustraci\u00f3ns de <strong>Bernardo Carvalho<\/strong>, que recrean e ambientan dunha forma moi suxestiva os espazos dos b\u00e9rberes.   <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Texto de Luisa Morandeira, a partir dun conto popular b\u00e9rber<br \/>Ilustraci\u00f3ns de Bernardo Carvalho<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p><em><strong>A fermosa Zalgum adoitaba ba\u00f1arse na fonte onde seu irm\u00e1n daba de beber ao cabalo. Un d\u00eda, o irm\u00e1n viu brillar na auga un pelo longo e vermello e prometeu casar coa dona daquel cabelo. Os pais estaban desgustados, porque non quer\u00edan que seu fillo renunciase a buscar parella. A Zalgum s\u00f3 lle dixeron que o seu irm\u00e1n casaba\u2026   <\/strong><\/em><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"featured_media":58789,"template":"","meta":{"_acf_changed":false,"_seopress_robots_primary_cat":"none","_seopress_titles_title":"","_seopress_titles_desc":"","_seopress_robots_index":""},"product_brand":[],"product_cat":[48],"product_tag":[],"class_list":{"0":"post-69735","1":"product","2":"type-product","3":"status-publish","4":"has-post-thumbnail","6":"product_cat-coleccion-q-gl","7":"pa_idioma-espanol-gl","8":"pa_idioma-gallego-gl","10":"first","11":"instock","12":"shipping-taxable","13":"purchasable","14":"product-type-variable"},"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product\/69735","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product"}],"about":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/product"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product\/69735\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/58789"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=69735"}],"wp:term":[{"taxonomy":"product_brand","embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product_brand?post=69735"},{"taxonomy":"product_cat","embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product_cat?post=69735"},{"taxonomy":"product_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product_tag?post=69735"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}