{"id":69671,"date":"2017-12-01T16:39:59","date_gmt":"2024-12-04T04:10:05","guid":{"rendered":"https:\/\/oqo.es\/product\/marisela-e-o-roxo\/"},"modified":"2024-12-04T05:10:05","modified_gmt":"2024-12-04T04:10:05","slug":"marisela-e-o-roxo","status":"publish","type":"product","link":"https:\/\/oqo.es\/gl\/produto\/marisela-e-o-roxo\/","title":{"rendered":"Marisela e o roxo"},"content":{"rendered":"<p><strong><cite>O amor xurdiu no mercado, cando un mozo de pelo roxo lle regalou \u00e1 princesa unha maz\u00e1, malia que lle pod\u00eda caer un lapote dun garda real, que daquela non andaban con andr\u00f3menas. Marisela aproveitou a ocasi\u00f3n e, sorrindo con picard\u00eda, soltou unha frase para a historia: \u2013Non ser\u00e1 esta a maz\u00e1 envelenada de Brancaneves? <cite> <\/cite><\/cite><\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A princesa Marisela argalla un divertido plan para que o seu pr\u00edncipe, que non \u00e9 azul sen\u00f3n roxo, a rescate da torre. O seu amado \u2013que nada ten que ver cos caprichosos pr\u00edncipes dos castelos veci\u00f1os\u2013 burla muros e vixilancias e consegue entrar no cuarto da princesa. Moitos ser\u00e1n os encontros \u00e1s agachadas, pero para que o asunto acabe en voda, a\u00ednda que sexa por decreto e non por convicci\u00f3n, Romeo (que se chama as\u00ed por iron\u00edas da historia) ter\u00e1 que enfrontarse cun terrible drag\u00f3n \u2013porque ata un drag\u00f3n conseguiron, para lle dar ao asunto un toque serio\u2026 e sinistro!<br \/>Con estes ingredientes, o xenial autor e realizador audiovisual cubano Geovanys Garc\u00eda Vistorte, somete a xu\u00edzo valores que se mantiveron ao longo do tempo, e constr\u00fae, nunha \u00e9poca imprecisa, unha divertida historia con eco de contos cl\u00e1sicos, na que os personaxes tradicionais se actualizan e xeran simpat\u00eda.<br \/>De todos \u00e9 sabido que os contos constit\u00faen unha ferramenta esencial para ir co\u00f1ecendo o mundo. Foron testemu\u00f1as de distintos momentos hist\u00f3ricos e axentes de transmisi\u00f3n de valores en cada \u00e9poca. A s\u00faa persistencia no tempo converte os contos en material cl\u00e1sico, cargado de cultura; pero, en ocasi\u00f3ns, conv\u00e9n revisar os arquetipos que se lles atrib\u00faen aos personaxes, sobre todo desde unha perspectiva de x\u00e9nero, e valorar se o contido desas historias resulta adecuado para o desenvolvemento da personalidade, posto que o modo de pensar e sentir, estar\u00e1 condicionado por estas lecturas.<br \/>Geovanys xoga coa literatura, non sen certa rebeld\u00eda e unha mensaxe comprometida, clara e contempor\u00e1nea de liberdade, que mostra, en certa maneira, o seu xeito de ver e comprender a realidade social e reivindica o trato inxusto que a tradici\u00f3n literaria lles deu a alg\u00fans personaxes dos contos infant\u00eds.<br \/>Articulada con imaxes caricaturescas, coloristas, moi expresivas e en total sinton\u00eda co texto, o xa reco\u00f1ecido Andr\u00e9 Letria tam\u00e9n d\u00e1 p\u00e9 a reflexionar sobre os rancios costumes da realeza, cun ton ir\u00f3nico e brincadeiro. O ilustrador portugu\u00e9s xa traballou con OQO en varias ocasi\u00f3ns (Caracois; Corre corre, cabaci\u00f1a; A sopa queima\u2026) e foi galardoado no seu pa\u00eds con importantes premios.  <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Texto de Geovanys F. Garc\u00eda<br \/>Ilustraci\u00f3ns de Andr\u00e9 Letria<br \/>Traduci\u00f3n do castel\u00e1n Laura Rubio<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p><strong><cite>O amor xurdiu no mercado, cando un mozo de pelo roxo lle regalou \u00e1 princesa unha maz\u00e1, malia que lle pod\u00eda caer un lapote dun garda real, que daquela non andaban con andr\u00f3menas. Marisela aproveitou a ocasi\u00f3n e, sorrindo con picard\u00eda, soltou unha frase para a historia: \u2013Non ser\u00e1 esta a maz\u00e1 envelenada de Brancaneves? <cite> <\/cite><\/cite><\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"featured_media":57480,"template":"","meta":{"_acf_changed":false,"_seopress_robots_primary_cat":"none","_seopress_titles_title":"","_seopress_titles_desc":"","_seopress_robots_index":""},"product_brand":[],"product_cat":[48],"product_tag":[],"class_list":{"0":"post-69671","1":"product","2":"type-product","3":"status-publish","4":"has-post-thumbnail","6":"product_cat-coleccion-q-gl","7":"pa_idioma-espanol-gl","8":"pa_idioma-gallego-gl","10":"first","11":"instock","12":"shipping-taxable","13":"purchasable","14":"product-type-variable"},"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product\/69671","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product"}],"about":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/product"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product\/69671\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/57480"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=69671"}],"wp:term":[{"taxonomy":"product_brand","embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product_brand?post=69671"},{"taxonomy":"product_cat","embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product_cat?post=69671"},{"taxonomy":"product_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product_tag?post=69671"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}