{"id":69665,"date":"2017-12-01T16:40:05","date_gmt":"2024-12-04T03:59:41","guid":{"rendered":"https:\/\/oqo.es\/product\/o-crebacabezas\/"},"modified":"2024-12-04T04:59:41","modified_gmt":"2024-12-04T03:59:41","slug":"o-crebacabezas","status":"publish","type":"product","link":"https:\/\/oqo.es\/gl\/produto\/o-crebacabezas\/","title":{"rendered":"O crebacabezas"},"content":{"rendered":"<p><cite><strong>O home do crebacabezas sentaba diante do crebacabezas e cambiaba algunha peza de sitio, engad\u00eda ou eliminaba outras\u2026<\/strong><\/cite> <cite><strong>Xogaba coa vida do pobo todo. Transformaba alegr\u00edas en penas, penas en condenas. <\/strong><\/cite><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Con esta formulaci\u00f3n inquietante, os irm\u00e1ns <strong>Txabi<\/strong> e <strong>Manu Arnal Gil<\/strong> merg\u00fallannos na realidade asfixiante dun pobo atemorizado, cuxos habitantes est\u00e1n a expensas do capricho do home do crebacabezas, un ser tirano e mesqui\u00f1o que endurece o seu coraz\u00f3n almorzando a diario unha cunca de caf\u00e9 cunha cullerada de fel.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O crebacabezas conv\u00e9rtese nunha apropiada figura simb\u00f3lica coa que representar o despotismo absoluto ao que est\u00e1 sometido o pobo (as pezas). Os habitantes do lugar son criaturas desvalidas. Os seus designios est\u00e1n manexados ao antollo dun ser superior, amo e se\u00f1or das s\u00faas vidas, que conta con total impunidade.  <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><em>Todos ti\u00f1an medo do home do crebacabezas. Ningu\u00e9n levantaba a voz contra o se\u00f1or. Dunha vez, a se\u00f1ora Luc\u00eda protestou e do tellado saltoulle unha tella. A pobre muller chegou ao camposanto enriba dunha burra vella.   <\/em><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Para dar vida a este ser ru\u00edn e trasladar a imaxes o desasosego vital dun pobo sometido e atemorizado, as ilustraci\u00f3ns de <strong>Roger Olmos<\/strong> non pod\u00edan ser m\u00e1is acertadas, a pesar da escasa informaci\u00f3n de partida da que dispuxo: non contaba con ningunha descrici\u00f3n f\u00edsica do personaxe.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>\u201cEnc\u00e1ntame poder partir de cero\u201d, argumenta con valent\u00eda o ilustrador catal\u00e1n, a mesma coa que se enfrontou \u00e1 s\u00faa primeira colaboraci\u00f3n para a colecci\u00f3n Q (dirixida a nenos a partir de 8 anos). As\u00ed, neste \u00e1lbum probou \u201calgo diferente ao resto\u201d.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O ilustrador traballou unha superficie cunha textura especial, para logo ilustrar sobre ela, co que logrou uns tons e atmosferas \u201cque non acadara antes\u201d, sempre en \u00f3leo e un retoque final en dixital. <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Ilustrador e escritores achegaron, nos seus respectivos campos, unha orixinal proposta sobre un tema case inherente \u00e1 condici\u00f3n humana e que, ao longo da historia, tivo na literatura un dos seus mellores altofalantes de denuncia: o abuso de poder.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>No entanto, o relato vai m\u00e1is al\u00f3 da denuncia. O <em>crebacabezas<\/em> \u00e9 tam\u00e9n un relato que advirte da existencia dunha xustiza po\u00e9tica, ese castigo que consiste en pagar coa mesma moeda o dano realizado.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>As pezas do crebacabezas (os integrantes do pobo) empezan a ter vida propia e a mostrar autonom\u00eda para, tomando forma de cabra (animal de car\u00e1cter), facerlle fronte ao seu verdugo: <em>Unha luminosa ma\u00f1\u00e1, logo dunha noite de vendaval, o home do crebacabezas atopouse cunha estra\u00f1a sorpresa: as pezas non mostraban a vila, sen\u00f3n a faciana dunha cabra.<\/em><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Deste xeito, logran que o seu opresor sinta o mesmo desasosego e temor que el xeraba coas s\u00faas acci\u00f3ns maliciosas e inesperadas. A unidade de todo o pobo \u00e9 a base do triunfo (como en <em>Fuenteovejuna<\/em>, de Lope de Vega). \u00c9, xa que logo, tam\u00e9n unha alegaci\u00f3n a favor da rebeli\u00f3n ante a tiran\u00eda e inxustiza.  <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Manu Arnal reco\u00f1ece que a historia empezou a coller forma durante unha etapa na que estaba \u201cmoi pendente\u201d de todo o que estaba ocorrendo nas r\u00faas co movemento de indignaci\u00f3n cidad\u00e1, bautizado como 15M. O seu irm\u00e1n admite plasmar neste libro, unha met\u00e1fora da sociedade actual, \u201conde todos somos pezas que deb\u00e9semos encaixar de forma equilibrada, sen privilexios, tendo en conta o benestar do resto\u201d. <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>\u201cDesgraciadamente, son demasiadas as persoas que se autoproclaman se\u00f1ores do crebacabezas e deben saber que o poder reside na vontade de cada unha das pezas (o pobo), e non na s\u00faa propia. E que simboliza o movemento aut\u00f3nomo das pezas sen\u00f3n a mesm\u00edsima revoluci\u00f3n?\u201d, proclama Txabi Arnal.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Para representar esta carga simb\u00f3lica negativa que encerra o se\u00f1or do crebacabezas, Roger Olmos optou por un ser con roupas escuras e remachadas; aspecto desprezable e rostro escondido, \u201cquizais por algunha deformidade\u201d. O artista decidiu dotalo de tent\u00e1culos e ligalo a un brazo mec\u00e1nico co que se axuda para desprazarse. \u201c\u00c9 como un cord\u00f3n umbilical que o une \u00e1 s\u00faa torre, que forma parte del, as\u00ed como todos os seres que van aparecendo ao seu ao redor, experimentos medio org\u00e1nicos e mec\u00e1nicos que el mesmo creou\u201d, explica.  <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>En canto ao seu antagonista, a cabra, Olmos considerou \u201cinteresante\u201d que en cada unha das s\u00faas aparici\u00f3ns fose ga\u00f1ando corpo. Se ao principio son pezas do crebacabezas con forma de carneiro, ao final xa est\u00e1 case completa, \u201ca\u00ednda que polas s\u00faas veas, o que circula \u00e9 fel\u201d, destaca como unha informaci\u00f3n narrativa visual non explicitada no texto. Igual que as moscas, que contan cunha presenza importante en cada aparici\u00f3n da cabra, coma se formasen parte do animal.  <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>\u201cSon un sinal, xa que son os insectos da morte\u201d, indica o ilustrador, quen para remarcar a importancia desta connotaci\u00f3n buscou un efecto 3D, \u201cata hai unha que se ve sa\u00edndo do papel\u201d. De ser as\u00ed, seguro que un lector logra atrapala, tal e como conseguen a historia e imaxes deste \u00e1lbum. <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Texto de Txabi e Manu Arnal Gil<\/p>\n<p>Ilustraci\u00f3ns de Roger Olmos Traduci\u00f3n do castel\u00e1n de Marisa N\u00fa\u00f1ez<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p><cite><strong>O home do crebacabezas sentaba diante do crebacabezas e cambiaba algunha peza de sitio, engad\u00eda ou eliminaba outras\u2026<\/strong><\/cite> <cite><strong>Xogaba coa vida do pobo todo. Transformaba alegr\u00edas en penas, penas en condenas. <\/strong><\/cite><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"featured_media":57231,"template":"","meta":{"_acf_changed":false,"_seopress_robots_primary_cat":"none","_seopress_titles_title":"","_seopress_titles_desc":"","_seopress_robots_index":""},"product_brand":[],"product_cat":[48],"product_tag":[],"class_list":{"0":"post-69665","1":"product","2":"type-product","3":"status-publish","4":"has-post-thumbnail","6":"product_cat-coleccion-q-gl","7":"pa_idioma-espanol-gl","8":"pa_idioma-gallego-gl","10":"first","11":"instock","12":"shipping-taxable","13":"purchasable","14":"product-type-variable"},"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product\/69665","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product"}],"about":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/product"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product\/69665\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/57231"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=69665"}],"wp:term":[{"taxonomy":"product_brand","embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product_brand?post=69665"},{"taxonomy":"product_cat","embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product_cat?post=69665"},{"taxonomy":"product_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product_tag?post=69665"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}