{"id":66987,"date":"2017-12-01T16:40:35","date_gmt":"2017-12-01T16:40:35","guid":{"rendered":"https:\/\/oqo.es\/product\/un-gato-na-arbore-2\/"},"modified":"2025-02-12T23:44:27","modified_gmt":"2025-02-12T22:44:27","slug":"un-gato-na-arbore-2","status":"publish","type":"product","link":"https:\/\/oqo.es\/gl\/produto\/un-gato-na-arbore-2\/","title":{"rendered":"Un gato na \u00e1rbore"},"content":{"rendered":"<p><strong><em>Un gato cando est\u00e1 a ser perseguido por un can, rube por unha \u00e1rbore moi alta e logo non \u00e9 quen de baixar. Os que pasan ao car\u00f3n da \u00e1rbore soben coa intenci\u00f3n de axudalo; por\u00e9n, a cousa compl\u00edcase cada vez m\u00e1is e a solidariedade de bombeiros, veci\u00f1os e parentes acaba por ser un obst\u00e1culo para a \u00e1rbore, que xa non atura tanto peso\u2026 <\/em><\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O conto desenv\u00f3lvese en escenarios coti\u00e1ns, onde realidade e fantas\u00eda se mesturan, se ben o autor d\u00e1lle unha fasqu\u00eda de credibilidade a todos estes sucesos que de primeiro poder\u00edan semellar inveros\u00edmiles. Ao cabo, todo se resolve grazas \u00e1 intervenci\u00f3n da natureza que, de maneira sinxela e natural, reconduce a historia cara a un final feliz.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Un conto con moito humor que emprega os recursos esenciais da oralidade. Apr\u00e9ciase o oficio do autor, contacontos, que olla os pequenos detalles da vida, ao paso que esperta a curiosidade pola lectura e pola experiencia literaria. Do punto de vista sem\u00e1ntico, a historia presenta recursos acumulativos usados de forma l\u00fadica e moi expresiva, e ofrece posibilidades para a dramatizaci\u00f3n e a experimentaci\u00f3n co feito literario.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>O narrador tam\u00e9n lle fai chiscadelas ao lector e d\u00e1lle informaci\u00f3n que, en chave c\u00f3mica, axuda a comprender o relato e al\u00e9n diso, marca unha pausa nunha historia estimulante e atractiva que se desenvolve a un ritmo trepidante.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A ilustradora francesa G\u00e9raldine Alibeu amosa unha orixinal e eficaz maneira de tratar a horizontalidade e a verticalidade dos espazos, tirando todo o proveito posible \u00e1 dobre p\u00e1xina do \u00e1lbum. Presenta os fondos planos, con moi poucos elementos co fin de concentrar a atenci\u00f3n sobre os personaxes e o que a eles lles acontece. G\u00e9raldine Alibeu combina no seu traballo a pintura e colaxe e xoga cunha paleta de cores moi matizada, afastada das cores primarias.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p><strong><em>Un gato cando est\u00e1 a ser perseguido por un can, rube por unha \u00e1rbore moi alta e logo non \u00e9 quen de baixar. Os que pasan ao car\u00f3n da \u00e1rbore soben coa intenci\u00f3n de axudalo; por\u00e9n, a cousa compl\u00edcase cada vez m\u00e1is e a solidariedade de bombeiros, veci\u00f1os e parentes acaba por ser un obst\u00e1culo para a \u00e1rbore, que xa non atura tanto peso\u2026 <\/em><\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"featured_media":60418,"template":"","meta":{"_acf_changed":false,"_seopress_robots_primary_cat":"none","_seopress_titles_title":"","_seopress_titles_desc":"","_seopress_robots_index":""},"product_brand":[],"product_cat":[46],"product_tag":[],"class_list":{"0":"post-66987","1":"product","2":"type-product","3":"status-publish","4":"has-post-thumbnail","6":"product_cat-coleccion-o-gl","7":"pa_idioma-espanol-gl","8":"pa_idioma-frances-gl","9":"pa_idioma-gallego-gl","10":"pa_idioma-ingles-gl","11":"pa_idioma-portugues-gl","13":"first","14":"instock","15":"shipping-taxable","16":"purchasable","17":"product-type-variable"},"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product\/66987","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product"}],"about":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/product"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product\/66987\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":72415,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product\/66987\/revisions\/72415"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/60418"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=66987"}],"wp:term":[{"taxonomy":"product_brand","embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product_brand?post=66987"},{"taxonomy":"product_cat","embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product_cat?post=66987"},{"taxonomy":"product_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product_tag?post=66987"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}