{"id":64625,"date":"2017-12-01T16:38:57","date_gmt":"2024-11-25T21:38:37","guid":{"rendered":"https:\/\/oqo.es\/product\/bola-de-manteiga\/"},"modified":"2024-12-03T18:26:26","modified_gmt":"2024-12-03T17:26:26","slug":"bola-de-manteiga","status":"publish","type":"product","link":"https:\/\/oqo.es\/gl\/produto\/bola-de-manteiga\/","title":{"rendered":"B\u00f3la de Manteiga"},"content":{"rendered":"<p><em><strong>Era unha vez un neno comell\u00f3n, que pasaba o d\u00eda a xogar. Un d\u00eda petou na porta da s\u00faa casa unha bruxa cun saco, que vi\u00f1a coa intenci\u00f3n de levalo\u2026 <\/strong><\/em><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Na literatura europea podemos atopar moitas clases de bruxas. A s\u00faa natureza e funci\u00f3ns difiren segundo a \u00e9poca hist\u00f3rica, a clase social, a localizaci\u00f3n xeogr\u00e1fica\u2026 por\u00e9n, todas presentan certos trazos recorrentes nas distintas tradici\u00f3ns, como a sabedor\u00eda e os poderes de orixe sobrenatural. A\u00ednda que nun principio, estas antigas crenzas da vella Europa, poidan ser a causa do pulo desta figura dentro da literatura infantil, o certo \u00e9 que a bruxa \u2014quizais tam\u00e9n por ser unha personaxe que estimula a fantas\u00eda e a imaxinaci\u00f3n\u2014 chegou ata os nosos d\u00edas convertida nun fetiche l\u00fadico, e arestora aparece tanto nos contos tradicionais como nas novas creaci\u00f3ns literarias.  <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>En B\u00f3la de Manteiga acharemos moitos dos elementos propios dos relatos populares europeos, como por exemplo, as repetici\u00f3ns t\u00edpicas dos contos infant\u00eds e o ritmo trepidante da acci\u00f3n. A teimos\u00eda da bruxa por conseguir o seu prop\u00f3sito non co\u00f1ece l\u00edmites. Por tres veces, trata de enganar a B\u00f3la de Manteiga, ofrec\u00e9ndolle agasallos tentadores, e ata tres veces cae o cativo na trampa da bruxa: o saco, un obxecto cunha gran carga simb\u00f3lica. Nada semella m\u00e1is arrepiante que caer no saco da bruxa; pero o espelido rapaz, con astucia, lograr\u00e1 fuxir do perigo en todas as ocasi\u00f3ns. Finalmente, ser\u00e1 a bruxa, a que acabe abrasada no caldeiro, co que a personaxe perversa ficar\u00e1 burlada e enganada, v\u00edtima do seu propio castigo. Este conto tradicional noruegu\u00e9s tam\u00e9n se localiza con pequenas variantes noutras literaturas europeas. Relaci\u00f3nase sobre todo co Pierino Pierone, recompilado por Calvino nos seus contos populares italianos, e segundo o propio Calvino e outros estudosos do folclore europeo, alg\u00fans dos contos catalogados como noruegueses, na realidade, son contos que chegaron a ese lugar, da man das vendedoras de froita italianas. Os estudosos do folclore europeo, inclu\u00eddo Calvino, afirman que algunhas historias recollidas como noruegueses foron tra\u00eddas por vendedores de froitas italianos. Iv\u00e1n Su\u00e1rez ofr\u00e9cenos un traballo de ilustraci\u00f3n no que destaca o impacto dos rostros dos personaxes e das s\u00faas miradas. Os protagonistas, a meiga e o neno, repres\u00e9ntanse a trav\u00e9s das xeometr\u00edas contrastadas dos seus rostros.          <\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>Texto de Ana Presunto, a partir dun conto popular noruegu\u00e9s Ilustraci\u00f3ns de Iv\u00e1n Su\u00e1rez<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p><em><strong>Era unha vez un neno comell\u00f3n, que pasaba o d\u00eda a xogar. Un d\u00eda petou na porta da s\u00faa casa unha bruxa cun saco, que vi\u00f1a coa intenci\u00f3n de levalo\u2026 <\/strong><\/em><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"featured_media":59796,"template":"","meta":{"_acf_changed":false,"_seopress_robots_primary_cat":"none","_seopress_titles_title":"","_seopress_titles_desc":"","_seopress_robots_index":""},"product_brand":[],"product_cat":[46],"product_tag":[],"class_list":{"0":"post-64625","1":"product","2":"type-product","3":"status-publish","4":"has-post-thumbnail","6":"product_cat-coleccion-o-gl","7":"pa_idioma-catalan-gl","8":"pa_idioma-espanol-gl","9":"pa_idioma-gallego-gl","11":"first","12":"outofstock","13":"shipping-taxable","14":"purchasable","15":"product-type-variable"},"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product\/64625","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product"}],"about":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/product"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product\/64625\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/59796"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=64625"}],"wp:term":[{"taxonomy":"product_brand","embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product_brand?post=64625"},{"taxonomy":"product_cat","embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product_cat?post=64625"},{"taxonomy":"product_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/oqo.es\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/product_tag?post=64625"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}