Valentina Nunca Calas e o Monstro da Media cara

Charo Pita & Marjorie Pourchet

ISBN: 978-84-9871-710-5, 978-84-9871-711-2

A Valentina Nunca Calas os apelidos íanlle coma un traxe a medida:
aquela nena nunca nunca calaba.
Unha tarde a nai mandouna por un paquete de sal e díxolle:
– Non enredes polo camiño.
Xa sabes que, en canto cae a noite, o Monstro da Media Cara…

14,90

ISBN: N/A Category
INFORMACIÓN

Colección:

Páxinas: 40 págs

Encadernación: Cartoné

Medidas: 25x23 cm

Publicación: Septiembre 2023

A Valentina Nunca Calas os apelidos íanlle coma un traxe a medida:
aquela nena nunca nunca calaba.
Unha tarde a nai mandouna por un paquete de sal e díxolle:
– Non enredes polo camiño.
Xa sabes que, en canto cae a noite, o Monstro da Media Cara…

Charo Pita, escritora galega cunha longa e contrastada traxectoria profesional no mundo da narración oral, creadora de espectáculos onde a oralidade mestúrase coa música ou o debuxo, constrúe aquí unha poderosa alegación sobre o valor e o poder da palabra para afrontar e superar medos viscerais, esa emoción desacougante e incontrolada que se desata cando o cerebro detecta unha ameaza ou un perigo, real ou imaxinario.

Hai medos comúns a todas as persoas, e moitos outros que afectan só a algunhas delas, segundo a personalidade de cada quen.

Neste caso, a protagonista atopa na súa capacidade de expresión un recurso fantástico -tamén autobiográfico?- para superar unha mecánica cerebral difícil de controlar, asumindo con sensatez racional, unha situación que non sabemos se é realmente perigosa.

Valentina expresa o que sente, increpa os seus propios medos, arrólaos ata adurmiñalos.

Quizais esta é a verdadeira valentía da protagonista: Non calar ante o monstro que a persegue!

Marjorie Pourchet, ilustradora francesa, de Besançon, tamén cunha extensa traxectoria artística, referendada polo seu paso polo Arts Déco de Estrasburgo, achega aquí un traballo profundo, con imaxes preciosistas, de longa elaboración, nas que reflexiona sobre un sentimento universal.

A súa obra en acrílico, matérica, sabia mistura de tintas, puntuada con debuxos, achega mil detalles que convidan o lector a unha exploración detida.

Últimos produtos