Un gato na árbore

Pablo Albo & Geraldine Alibeu

ISBN: 978-84-9871-612-2, 978-84-9871-011-3, 978-84-9871-613-9, 978-84-9871-083-0, 978-84-96788-41-1

Un gato cando está a ser perseguido por un can, rube por unha árbore moi alta e logo non é quen de baixar. Os que pasan ao carón da árbore soben coa intención de axudalo; porén, a cousa complícase cada vez máis e a solidariedade de bombeiros, veciños e parentes acaba por ser un obstáculo para a árbore, que xa non atura tanto peso…

 

14,0014,90

ISBN: N/A Category
INFORMACIÓN

Colección:

Páxinas: 40 págs.

Encadernación: cartoné

Medidas: 25x23 cm

Publicación: marzo 2019

Un gato cando está a ser perseguido por un can, rube por unha árbore moi alta e logo non é quen de baixar. Os que pasan ao carón da árbore soben coa intención de axudalo; porén, a cousa complícase cada vez máis e a solidariedade de bombeiros, veciños e parentes acaba por ser un obstáculo para a árbore, que xa non atura tanto peso…

 

O conto desenvólvese en escenarios cotiáns, onde realidade e fantasía se mesturan, se ben o autor dálle unha fasquía de credibilidade a todos estes sucesos que de primeiro poderían semellar inverosímiles. Ao cabo, todo se resolve grazas á intervención da natureza que, de maneira sinxela e natural, reconduce a historia cara a un final feliz.

 

Un conto con moito humor que emprega os recursos esenciais da oralidade. Apréciase o oficio do autor, contacontos, que olla os pequenos detalles da vida, ao paso que esperta a curiosidade pola lectura e pola experiencia literaria. Do punto de vista semántico, a historia presenta recursos acumulativos usados de forma lúdica e moi expresiva, e ofrece posibilidades para a dramatización e a experimentación co feito literario.

 

O narrador tamén lle fai chiscadelas ao lector e dálle información que, en chave cómica, axuda a comprender o relato e alén diso, marca unha pausa nunha historia estimulante e atractiva que se desenvolve a un ritmo trepidante.

 

A ilustradora francesa Géraldine Alibeu amosa unha orixinal e eficaz maneira de tratar a horizontalidade e a verticalidade dos espazos, tirando todo o proveito posible á dobre páxina do álbum. Presenta os fondos planos, con moi poucos elementos co fin de concentrar a atención sobre os personaxes e o que a eles lles acontece. Géraldine Alibeu combina no seu traballo a pintura e colaxe e xoga cunha paleta de cores moi matizada, afastada das cores primarias.

 

Últimos produtos