Tres osos

Marisa Núñez & Minako Chiba

ISBN: 978-84-9871-620-7

Nunha cabana do bosque vivían tres osos. Un día os osos saíron dar un paseo antes de almorzaren; entón Riciños de Ouro atopou a casa baleira e entrou…

 

14,90

INFORMACIÓN

Páginas: 36 páxs.

Encuadernación: cartoné

Medidas: 25x23 cm

Publicación: Setembro 2019

Nunha cabana do bosque vivían tres osos. Un día os osos saíron dar un paseo antes de almorzaren; entón Riciños de Ouro atopou a casa baleira e entrou…

 

Tres osos é unha historia folclórica anónima, popularizada polo poeta británico Robert Southey, que en 1837 publicou e deu a coñecer o conto a toda unha xeración de lectores no seu país. Na versión de Southey, igual que acontecía na de Eleanor Mure, publicada seis anos antes, a indesexable intrusa era unha vella roñona. En 1849 Joseph Cundall publicou o seu Treasury of pleasure books for young children cunha nota, onde explicaba os motivos para substituír a vella intrusa por unha rapaza.

 

A partir do conto tradicional, e sen se afastar desa idea final de que hai que respectar a intimidade, a versión Tres osos de OQO editora constrúe un vínculo entre narrador e lector co fin de favorecer unha identificación entre neno e osos, que axude á eficacia formativa do conto. Ademais, coa desculpa de explicar as accións dos personaxes, o narrador engade, nun ton confidencial, unha serie de comentarios sobre hábitos, virtudes e bos costumes que inciden en valores como a responsabilidade, a autonomía e o bo uso da liberdade.

 

Á parte de influír no desenvolvemento da conduta e no afectivo, e de estimular a sensibilidade literaria e artística, este álbum posúe aínda máis aplicacións pedagóxicas, xa que, é un instrumento ideal para transmitir conceptos matemáticos, entender nocións de tamaño (grande, mediano ou pequeno), ou establecer conexións entre os animais e o medio co que se relacionan.

 

Neste sentido, as imaxes de Minako Chiba cumpren un papel importante, ao propiciar o desenvolvemento de habilidades visuais que axuden os primeiros lectores na comprensión tanto dos números como de conceptos matemáticos.

Por todo o dito, Tres osos implica activamente ao pequeno lector que contrasta as súas conviccións coas do libro, e afonda desta maneira, no coñecemento de si mesmo e do mundo que o rodea.

 

Texto de Marisa Núñez, dun conto tradicional inglés adaptado

 

Ilustracións de Minako Chiba

Últimos productos