Unha mañá, na vila de Sopaboa,
a avoa foi á horta, viu unha cenoria xigante e dixo:
-Víñame ben esta cenoria para facer unha sopa!
A avoa foi apañar a cenoria, e tirou e tirou…
pero a cenoria non saíu.
Unha mañá, na vila de Sopaboa,
a avoa foi á horta, viu unha cenoria xigante e dixo:
-Víñame ben esta cenoria para facer unha sopa!
A avoa foi apañar a cenoria, e tirou e tirou…
pero a cenoria non saíu.
A autora fai unha versión moi persoal de «O nabo xigante», un coñecido conto popular ruso,
recompilado por Afanasiev no século XIX. Desde a súa experiencia de narradora,
Charo Pita recolle a forza e sinxeleza da historia para situarse nos confíns da realidade e levar
a súa imaxinación a escenarios que permiten ler desde unha perspectiva nova.
Un texto acumulativo arraigado na tradición oral, cunha relectura actual que xoga cos números
e fórmulas de repetición sinxelas e eficaces, moi adecuado para a dramatización e a lectura
colectiva.
O álbum mostra o valor da cooperación e o esforzo colectivo, e celebra a solidariedade
e a alegría compartida dos que tiran a favor e tamén dos que van en contra.
O dominio técnico da ilustradora, Marjorie Pourchet, resolve a historia dun modo dinámico
e aparentemente sinxelo, pero, cunha lectura atenta e minuciosa, dará acceso a unha
complexidade narrativa paratextual que descubrirán os bos lectores cando se tomen un tempo
para descubrir e interpretar os detalles.
Un álbum merecedor do V PREMIO INTERNACIONAL DE ÁLBUM ILUSTRADO CIUDAD DE FUENGIROLA na convocatoria de 2026.