Colección

O SULTÁN E OS RATOS

Joan de Boer & Txell Darné

ISBN 978-84-9871-639-9

14,90

Cantidade:
INFORMACIÓN
  • Paxinas 36 páxs.
  • Encadernación Cartoné
  • Medidas 25x23 cm
  • Publicación setembro 2021

Ao sultán gustáballe moito o queixo. Tiña cuartos cheos de queixos, procedentes de todas as

partes; pero o palacio encheuse de ratos que comían o queixo do sultán, e os conselleiros tiveron

que buscar unha solución:

 

Para botar os ratos, mandaron traer gatos;

para botar os gatos, traer cans;

para botar os cans, traer leóns;

para botar os leóns, traer elefantes;

para botar os elefantes, traer ratos… e así ata nunca acabar.


Descrición

Ao sultán gustáballe moito o queixo. Tiña cuartos cheos de queixos, procedentes de todas as

partes; pero o palacio encheuse de ratos que comían o queixo do sultán, e os conselleiros tiveron

que buscar unha solución:

 

Para botar os ratos, mandaron traer gatos;

para botar os gatos, traer cans;

para botar os cans, traer leóns;

para botar os leóns, traer elefantes;

para botar os elefantes, traer ratos… e así ata nunca acabar.

 

Este conto, de orixe árabe, encadea unha serie de sucesos que van complicando cada vez máis a historia

deica ao final, en que tornamos ao punto de partida. Todos os sucesos son tratados con moito humor, e

as situacións ocorrentes e disparatadas sucédense unha tras outra. As repeticións do conto resultan moi

eficaces para conectarmos cos destinatarios infantís, dado o seu carácter lúdico.

 

E para que a historia non resulte interminable, neste tipo de estruturas, con frecuencia, pecha a redacción

unha fórmula final que subliña a natureza indefinida do relato.

 

Txell Darné realizou as ilustracións coa técnica da colaxe, e a partir de obxectos antigos que lle confiren

ao libro un certo aire de época. A ilustradora amosa un gran dominio da técnica e sorpréndenos cunhas

composicións orixinais e imaxinativas, nas que o humor está moi presente.