Sopa verde

Ângela Madeira & Till Charlier

ISBN: 978-84-9871-474-6, 978-84-9871-473-9, 978-84-9871-699-3

Era unha vez un coello ao que só lle gustaba o verde: leitugas verdes, brócolis verdes, coles verdes, chícharos verdes, espinacas verdes, alcachofas verdes, pementos verdes…

14,0014,90

ISBN: N/A Category
INFORMACIÓN

Colección:

Páxinas: 36 págs.

Encadernación: cartoné

Medidas: 25x23 cm

Publicación: octubre 2013

Era unha vez un coello ao que só lle gustaba o verde: leitugas verdes, brócolis verdes, coles verdes, chícharos verdes, espinacas verdes, alcachofas verdes, pementos verdes…

 

Cando os seus amigos do bosque lle ofrecen outros alimentos, rexéitaos pola cor: cenorias, tomate, pan…nin sequera chocolate!

 

Moitos lectores sentiranse identi cados co noso protagonista. Igual que lle ocorre ao coelliño, nos primeiros anos da infancia é frecuente o rexeitamento de alimentos novos ou descoñecidos. Para as familias é un reto conseguir unha alimentación variada, sa e equilibrada, esencial para o crecemento e o desenvolvemento físico e intelectual.

 

A infancia é ademais o período da vida no que se desenvolven moitos hábitos, entre eles os alimentarios. Por este motivo, álbums como “Sopa verde” convértense nun recurso para educar e conseguir que os cativos entendan que debemos de construír hábitos saudables.

 

Ao nal da historia, o moucho sabio ten unha idea para resolver este problema. Mestura todo nunha pota: millo, tomate, berenxenas… e camú ao engadindo verduras verdes darlle cor ver- de.

 

Deste xeito, o coello non pode evitar probar aquela apetitosa sopa e lambela ata a última pin- ga, mentres os seus amigos exclaman:

 

—Ai!, que parvo é este coello, pensaba que só lle gustaba o verde!

 

Para a escritora Ângela Madeira, este relato é a historia de todos, pequenos e adultos: “A miúdo aferrámonos á seguridade do que coñecemos e tememos experimentar co novo, co des- coñecido. Un mundo cheo de cores -como as dos alimentos que lle ofrecen ao coello- é moito máis divertido”.

 

Ângela Madeira, ademais de xogar na narración coas cores e os sabores, tamén o fai cos núme- ros (unha migalla de torta marrón, dous anaquiños vermellos de tomate, tres rebandas de pan branco, catro sardiñas grises, cinco berenxenas moradas…), apoiándose na repetición, para que a lectura resulte máis sinxela e grata.

 

O relato mantén o ton humorístico ata a última páxina, humor que vai acentuado polas expre- sivas ilustracións de Till Charlier, que mostra aos personaxes protagonizando graciosas escenas que van mais alá do texto e enriquecen a lectura visual.

Últimos produtos