As formigas camiñaban atentas para non perder o paso…
Ao pasar xunto a unha cerdeira, unha obreira escoitou a Esquío dicir:
– Topo anda facendo buracos polo prado todo…!
14,90€
As formigas camiñaban atentas para non perder o paso…
Ao pasar xunto a unha cerdeira, unha obreira escoitou a Esquío dicir:
– Topo anda facendo buracos polo prado todo…!
O bosque sofre unha revolución, que a punto está de provocar consecuencias irreparables por
culpa dunha afirmación dun contido que vai pasando duns animais a outros de forma oral sen
datos obxectivos que permitan comprobar a súa veracidade, condicionando de forma sorprendente
o comportamento dos animais, ata que finalmente se descobre o verdadeiro motivo de
tanta preocupación…
O texto de Pilar Serrano, autora madrileña que se move entre nenos como peixe na auga, é boa
ocasión para reflexionar sobre as razóns que levan ás persoas para axustar a súa visión do mundo
á percepción que os demais teñen do mesmo.
As imaxes da ilustradora catalá Laia Domènech, aparentemente sinxelas, de elaboración lenta e
pausada, con poucos elementos, teñen un aire melancólico, sutil, sen estridencias… traballando
estarcido, con lapis e pouca pintura, sobre fondos predominantemente brancos, mostran calidez
no trazo e no uso das cores.