Polina é unha pulga moi pequerrechiña que leva grandes chapeus e vestidos de cores para que non a pisen; aínda que, en realidade, é doado saber cando está preto, porque sempre anda cantando.
14,90€
Polina é unha pulga moi pequerrechiña que leva grandes chapeus e vestidos de cores para que non a pisen; aínda que, en realidade, é doado saber cando está preto, porque sempre anda cantando.
Un día caloroso, cando estaba a se dar un baño nun charco, un refacho de vento repentino levouna voando.
Polina séntese perdida e confusa, pero o seu ánimo e as súas cantigas danlle folgos para
seguir adiante. Os amigos, preocupados, van buscala e, grazas á cooperación dos animais que a viron pasar e ao rastro que vai deixando polo camiño coa súa música e os seus cantos,
a pulguiña sae vitoriosa da súa aventura.
Lonxe de preocuparse pola perda da súa vestimenta, Polina chega a tempo ao seu concerto de medianoite e improvisa unha canción exaltando o valor da amizade e a autoestima. Esta experiencia, ademais, axudoulle a tecer unha identidade forte.
Un conto sobre a amizade e os valores que esta conleva. Unha tenra historia que fomenta a empatía, competencia emocional básica que debe cultivarse desde a infancia.
As alegres e divertidas ilustracións de Mar Ferrero están cheas de detalles e pegadas que tamén poderemos seguir a través do álbum, acompañando a Polina na súa aventura.
Posto que a música é o fío condutor desta historia, o álbum ofrécenos ademais a posibilidade de escoitar a melodía gravada por diferentes instrumentos (frauta, piano, saxofón…) a través dun código QR que nos axuda a interpretar a partitura.
“Polina, a pulguiña” é o resultado do proxecto gañador do segundo certame do Premio Internacional de Álbum Ilustrado Ciudad de Fuengirola, presentado pola autora Leticia R. Gancedo, xunto coa ilustradora Mar Ferrero.