Un día Pétala vai regar as plantas e descobre que non hai auga. Disposta a coñecer o motivo, voa ata as nubes e atopa un tremendo dragón que se apoderou da casa da chuvia…
14,90€
Un día Pétala vai regar as plantas e descobre que non hai auga. Disposta a coñecer o motivo, voa ata as nubes e atopa un tremendo dragón que se apoderou da casa da chuvia…
Pétala é un álbum moi visual que ao fío da acción e desde unha perspectiva fantástica, trata transversalmente o problema da escaseza de auga, un recurso esencial para a vida e a conservación do medio. Coa lectura podemos transmitir os valores necesarios para fomentar a conciencia medioambiental e reflexionar sobre a necesidade de coidar o planeta. Alén diso, en concreto, a literatura infantil reforza a asociación simbólica con determinados significados e facilita a asimilación da realidade externa.
A lectura deste conto pode constituír unha boa estratexia para estimular a conciencia medioambiental na infancia, porque no lector se xera de maneira natural un novo concepto da importancia da auga, despois da experiencia co álbum.
Finalmente, Pétala convertida en narradora, contará a súa aventura, e revelaranos a todos un segredo: os dragóns, por feroces e monstruosos que parezan, tamén teñen medo.
Pep Bruno para desenvolver a idea orixinal do ilustrador, Luciano Lozano, constrúe un texto sinxelo, con poucas frases e acontecementos ben dosados. A súa historia anima os máis pequenos a tomaren partido activo, sen se acovardaren ante os problemas. Só así avanzarán no camiño dos bos hábitos, da independencia e a seguridade.
Texto de Pep Bruno
Ilustracións de Luciano Lozano
Tradución do castelán de Eva Mejuto