Colección
Esgotado

Pedra, Pau e Palla

Ana Presunto & Josep Rodés

ISBN 978-84-96573-35-2

14,90

Este producto está agotado.

INFORMACIÓN
  • Paxinas 48 páxs.
  • Encadernación cartoné
  • Medidas 25x23 cm
  • Publicación marzo 2006

Un leñador ten tres fillas. Cada vez que o leñador vai ao bosque, deixa un rastro para que elas o atopen sen problemas. Deste xeito, as tres cativas cando lle levan a comida ao seu pai, van por un carreiro sinalado con pedras, paus e pallas. Mentres, un oso trama un plan para raptalas, e cando volven para á casa, as tres caen na trampa e seguen unha pista equivocada que as leva cara á cova do oso. Pero con enxeño, as nenas argallan a súa fuxida e o oso acaba recibindo o seu merecido.

Descrición

Un conto que nos mostra os perigos do mundo, en forma de sendas que de súpeto, cambian de dirección e provocan que nos perdamos. Aínda así, tomarmos un camiño errado ten solución, só compre que con imaxinación e astucia, valoremos a situación, e tratemos de superar os obstáculos do mellor xeito posible.

Resulta curioso que sexa a irmá máis vella, a responsable do plan da fuxida, e tamén que ela sexa a última en liberarse do oso, e só despois de pór a salvo ás súas irmás. Pero, a súa actuación é un xeito de animar os rapaces no seu camiño cara á madurez, etapa na que alcanzarán o desenvolvemento intelectual pleno e a independencia.

A natureza simbólica dos tres elementos cos que o pai marca a senda (pedras, paus, pallas) resulta recorrente en contos de todo o mundo. No máis coñecido, quizais Os tres porquiños, por exemplo, do elemento máis insubstancial (palla), evoluciónase cara á solidez da pedra coa que o irmán máis vello constrúe a casa.

Texto de Ana Presunto, a partir dun conto clásico da tradición rusa

Ilustracións de Josep Rodés