Paco Trolas

Roberto Aliaga & Simona Mulazzani

ISBN: N/A Category

E, se Paco o di, será verdade… non si?

 

Paco Trolas sitúase na difusa liña entre o real e o imaxinario, como os máis pequenos, que son capaces de dar vida aos personaxes que habitan na súa imaxinación, ata o punto de facernos dubidar sobre o que é verdade ou é mentira.

 

INFORMACIÓN

Colección:

Páxinas: 36 págs.

Encadernación: cartoné

Medidas: 25x23 cm

Publicación: marzo 2009

E, se Paco o di, será verdade… non si?

 

Paco Trolas sitúase na difusa liña entre o real e o imaxinario, como os máis pequenos, que son capaces de dar vida aos personaxes que habitan na súa imaxinación, ata o punto de facernos dubidar sobre o que é verdade ou é mentira.

 

A fantasía é un dos trazos da creatividade infantil, pero non só, pois tamén inflúe na forma en que os cativos perciben a realidade ou no seu xeito de interactuar co mundo.

 

O protagonista desta historia, fálanos de lobos, raposos, gatos… animais todos que viven na súa imaxinación. Pero como é ben sabido, os seres fantásticos son efémeros e non se poden materializar, por iso Paco, igual que os lectores, terá que distinguir entre fantasía e realidade no momento oportuno, xusto no momento de pechar o conto.

 

Roberto Aliaga sorprende cunha historia de linguaxe sinxela, pero coidada, ao alcance dos pequenos lectores. Ademais, as frases curtas e emocionais axudaranlles a se identificar con Paco, cos seus medos, e cos seus xogos, nunha palabra, coa súa fantasía.

 

O traballo plástico de Simona Mulazzani representa un bo exemplo da liña artística que esta ilustradora italiana mantén na actualidade, en que aposta pola combinación de diversas técnicas (acrílico, lapis…). A isto hai que engadir a variada iconografía, as liñas sinxelas e esquemáticas, e o uso dos planos medios, características que xa forman parte do seu persoal estilo.

 

As ilustracións ocupan un maior espazo en proporción ao texto literario, e ao pasar as páxinas, unha tras outra desfilarán ante nós unha serie de imaxes que nos trasladarán ao mundo do protagonista, pero cómpre estar alerta, se non queremos confundir imaxinación e realidade.

 

 

Texto de Roberto Aliaga

Ilustracións de Simona Mulazzani

Últimos produtos