Ollobrusco

Darabuc & Maurizio A. C. Quarello

ISBN: N/A Category

Un rato, movido pola curiosidade e o desexo de ser feliz, sae a correr mundo, xunto con dous compañeiros de aventuras, un can e un elefante, que tamén queren coñecer máis cousas que as de cada día. Despois de percorreren varias paisaxes máxicas e cruzaren o océano das estrelas, topan o ciclope Ollobrusco e, nun exceso de inxenuidade, quedan a comer con el…

 

 

INFORMACIÓN

Colección:

Páxinas: 36 págs.

Encadernación: cartoné

Medidas: 25x23 cm

Publicación: enero 2008

Un rato, movido pola curiosidade e o desexo de ser feliz, sae a correr mundo, xunto con dous compañeiros de aventuras, un can e un elefante, que tamén queren coñecer máis cousas que as de cada día. Despois de percorreren varias paisaxes máxicas e cruzaren o océano das estrelas, topan o ciclope Ollobrusco e, nun exceso de inxenuidade, quedan a comer con el…

 

 

Ollobrusco é un relato tradicional para prelectores e primeiros lectores, que bebe da tradición mediterránea do conto popular, da que toma prestados dous motivos: a viaxe de aventuras (o abandono do fogar, co posterior descubrimento do fantástico e, por veces, perigoso mundo exterior) e a figura do ciclope.

 

Nesta historia, Elefante e Can acaban no bandullo do monstro. Porén, o rato, con poucos medios e moita astucia, salvará a vida dos amigos. Ao final todos aprenden algo: uns a seren cautos e outros, a non usaren a violencia. Aínda así, Ollobrusco non pretende transmitir unha ensinanza, senón argumentos para a reflexión que susciten a curiosidade e as preguntas do lector, nun intento por provocar conversas enriquecedoras entre nenos e mediadores (pais, mestres…).

 

O libro ilústrano imaxes, que describen escenarios imaxinarios, e a partir de elementos cotiáns, constrúese un novo mundo, cuns límites moi difusos entre xogo e realidade. Por último, as estruturas paralelísticas e acumulativas, facilitan a narración e a memorización.

 

O italiano Maurizio A. C. Quarello volve demostrar a súa mestría coas súas persoais ilustracións, inzadas de coñecidas referencias artísticas, que achegan unha nota de humor.

 

 

Texto de Darabuc Ilustracións de Maurizio A. C. Quarello

Últimos produtos