Proxectamos longas viaxes, anhelamos lugares, procuramos metas… pero a verdadeira expe- riencia está no camiño mesmo: cada treito, cada momento, cada tropezo, cada descubrimento… Coma se do camiño da nosa vida se tratase, este álbum traza o carreiro polo que transitamos. Sempre haberá quen vai por diante; outros seguirán as nosas pegadas; haberá momentos de encontros, tamén de despedidas…
Un álbum que nos dá pistas sobre a necesaria capacidade de superación para afrontar dificul- tades, o ánimo para seguir adiante e o esforzo e a confianza nun mesmo, imprescindibles para recoller os froitos dese sendeiro da vida. Tamén algún consello: non encher de máis a mochila, deixar atrás o innecesario, recoller sementes, mirar o ceo…
Mariona Cabassa, acompaña dun xeito poético estaruta continua, entretecendo as páxinas cunha senda vermella que atravesa paisaxes nos que podemos ver reflectidos distintos estados emocionais, e un percorrido temporal marcado tamén coa presenza dos paxaros: se nos deixa- mos fascinar polo voo das aves, quizais poidamos sentir as súas ás.