O último canto

Pablo Albo & Miguel Ángel Díez

ISBN: 978-84-9871-073-1, 978-84-9871-172-1, 978-84-9871-072-4, 978-84-9871-185-1, 978-84-9871-198-1

Todas as mañás, o galo de Filiberto e Sacramento subía ao campanario e cantaba: «¡Oh sole mío…» Así foi durante moitos anos, tantos que parecía que sempre sería igual. Pero o capón pouco a pouco chegou a vello e unha noite fechou os ollos para durmir…

 

14,90

ISBN: N/A Category
INFORMACIÓN

Colección:

Páxinas: 40 págs.

Encadernación: cartoné

Medidas: 25x23 cm

Publicación: febrero 2009

Todas as mañás, o galo de Filiberto e Sacramento subía ao campanario e cantaba: «¡Oh sole mío…» Así foi durante moitos anos, tantos que parecía que sempre sería igual. Pero o capón pouco a pouco chegou a vello e unha noite fechou os ollos para durmir…

 

A morte é un concepto difícil de comprender para os pequenos e de explicar para os adultos. O último canto enfróntaa dun xeito entrañable e natural, xa que, forma parte da vida.
Ademais, Pablo Albo trata de explicar as diferentes etapas afectivas que se experimentan tras a perda dun ser querido: o dó, a aceptación, e finalmente, o recordo. E faino sen perder tensión narrativa, nin tampouco emoción. O álbum é, daquela, unha forma de que os máis pequenos se acheguen con normalidade ao fenómeno da morte e aprendan a valorar a vida.

 

Ademais, aínda que dun modo simbólico, a historia destaca o tema da transmisión de coñecemento como un elemento clave no proceso de maduración e crecemento emocional.

 

Estes conceptos e valores están reforzados coas interesantes perspectivas e fantásticas composicións pictóricas de Miguel Ángel Díez, quen creou para este álbum personaxes moi elaborados con connotacións antropomórficas.

 

Últimos produtos