O SULTÁN E OS RATOS

Joan de Boer & Txell Darné

ISBN: 978-84-9871-638-2

Ao sultán gustáballe moito o queixo. Tiña cuartos cheos de queixos, procedentes de todas as partes; pero o palacio encheuse de ratos que comían o queixo do sultán, e os conselleiros tiveron que buscar unha solución:

 

Para botar os ratos, mandaron traer gatos; para botar os gatos, traer cans; para botar os cans, traer leóns; para botar os leóns, traer elefantes; para botar os elefantes, traer ratos… e así ata nunca acabar.

13,5014,90

ISBN: N/A Category
INFORMACIÓN

Colección:

Páxinas: 36 págs

Encadernación: Cartoné

Medidas: 25x23 cm

Publicación: septiembre 2021

Ao sultán gustáballe moito o queixo. Tiña cuartos cheos de queixos, procedentes de todas as partes; pero o palacio encheuse de ratos que comían o queixo do sultán, e os conselleiros tiveron que buscar unha solución:

 

Para botar os ratos, mandaron traer gatos; para botar os gatos, traer cans; para botar os cans, traer leóns; para botar os leóns, traer elefantes; para botar os elefantes, traer ratos… e así ata nunca acabar.

 

Este conto, de orixe árabe, encadea unha serie de sucesos que van complicando cada vez máis a historia deica ao final, en que tornamos ao punto de partida. Todos os sucesos son tratados con moito humor, e as situacións ocorrentes e disparatadas sucédense unha tras outra. As repeticións do conto resultan moi eficaces para conectarmos cos destinatarios infantís, dado o seu carácter lúdico.

 

E para que a historia non resulte interminable, neste tipo de estruturas, con frecuencia, pecha a redacción unha fórmula final que subliña a natureza indefinida do relato.

 

Txell Darné, realizou as ilustracións coa técnica da colaxe, e a partir de obxectos antigos que lle confiren ao libro un certo aire de época. A ilustradora amosa un gran dominio da técnica e sorpréndenos cunhas composicións orixinais e imaxinativas, nas que o humor está moi presente.

Últimos produtos