Colección

O home que contaba estrelas

Arturo Abad & Teresa Lima

ISBN 978-84-9871-603-0

16,00

Cantidade:
INFORMACIÓN
  • Paxinas 40 páxs.
  • Encadernación Cartoné
  • Medidas 23x28 cm
  • Publicación FEBREIRO 2019

Por que contará estrelas?, preguntáronse os nenos que, de madrugada, saían cazar ras verdevermellas.


Descrición

Por que contará estrelas?, preguntáronse os nenos que, de madrugada, saían cazar ras verdevermellas.

Unha pregunta inocente, mesmo intranscendente, acaba revolucionando todo un reino, e mesmo implicando as súas máis altas instancias, na procura dunha resposta que soamente chegará tras arduas singraduras por mares e montañas e… ata máis alá do fin do mundo!

O segredo, fío condutor de boa parte da produción oral e escrita de Arturo Abad, vai estar nunha resposta, tamén en aparencia, inocente: “Porque ela tamén conta”.

Teresa Lima, recoñecida artista portuguesa, achega ao texto a súa técnica mixta (pastel, lapis de cor…), de suave paleta cromática, pero amplos contidos semánticos e visuais, que acompaña un álbum de lectura pausada e reflexiva, de combustión lenta e profundos ecos.