Aquela mañá, as galiñas puxeran dez ovos; pero no galiñeiro só había nove.
Despois de buscalo por todos os recunchos, descubriron que o galo agochárao entre as súas plumas.
– Hai moito tempo que non hai pitiños; se vós non queredes… fareino eu!
– Un galo…? -preguntan as galiñas, sorprendidas.
-E por que non? Dareille calor ao ovo día e noite e, cando naza o pito, podo ensinarlle as cousas da granxa.
14,90€
Aquela mañá, as galiñas puxeran dez ovos; pero no galiñeiro só había nove.
Despois de buscalo por todos os recunchos, descubriron que o galo agochárao entre as súas plumas.
– Hai moito tempo que non hai pitiños; se vós non queredes… fareino eu! – Un galo…? -preguntan as galiñas, sorprendidas.
-E por que non? Dareille calor ao ovo día e noite e, cando naza o pito, podo ensinarlle as cousas da granxa.
-¿Y por qué no? Le daré calor al huevo día y noche y, cuando nazca el pollito, puedo ense- ñarle las cosas de la granja.
Unha historia para reflexionar sobre os límites entre as posibilidades da bioloxía e o alcance das accións sociais e humanas.
Nunha sociedade moderna e desenvolvida, aberta e democrática, os roles de xénero póñense en cuestión, discútense, e ata se experimenta coa súa inversión. En moitos aspectos sociais, as fronteiras son cada vez máis anchas, mesmo difusas.
Vivimos nun contexto no que se proclama e defende a normalización e o respecto polas “diferenzas”. A loita pola liberdade e o dereito para vivir as identidades e sexualidades de forma libre permitíronnos avanzar en modelos de familia e convivencia, máis alá do molde heteropatriarcal.
Neste contexto, as funcións e responsabilidades dos proxenitores biolóxicos cara aos seus descendentes escenifícanse e repártense, ata o extremo de aparecer como algo natural aquilo que a bioloxía non parecía capaz de asumir.
É un reto educar na defensa e a reivindicación de todos estes avances sociais. Desta maneira, e xogando con personaxes animais, para afianzar o aspecto emocional e dos sentimentos, trasládase ao lector en formación a posibilidade, quizá tamén a necesidade, de comprender e asumir determinados comportamentos humanos e sociais que, cada vez máis, se contemplan e aceptan como “naturais”.
A autora, Indy G. Acedo aborda con este álbum un tema complexo de xeito sinxelo e natural, deixando espazo para que as crianzas constrúan o seu significado e ofrecendo capas discursivas que se adaptan a diferentes lectores.
A ilustradora, Laura Tova, coa súa tan persoal paleta de cores, fainos chegar esta historia a través de sinxelos personaxes de gran tenrura, e moi conectados coa vida e a natureza.