Colección O

O camiño das mazás

Estrella Ortiz & Mar Azabal

ISBN 978-84-9871-615-3

14,90

Cantidade:
INFORMACIÓN
  • Paxinas 40 páxs
  • Encadernación Cartoné
  • Medidas 25x23 cm
  • Publicación febreiro 2020

Entre as árbores pasa unha nena cunha cesta.

Pedíronlle que recolla as mazás da maceira

que está á beira do camiño, á beira da fonte.


Descrición

Entre as árbores pasa unha nena cunha cesta.

Pedíronlle que recolla as mazás da maceira

que está á beira do camiño, á beira da fonte.

Unha nena camiña, soa, entre árbores escuras, pisadas que soan por detrás, asubíos do vento entre pólas que renxen… ata que unha veciña, cantando unha vella canción, e unha comitiva de plumas e patas fan que o camiño se ensanche e alegren o regreso.

Un texto poético, enmarcado nunha atmosfera inquietante, no que a protagonista transita por diversos estados de ánimo para, ademais dun sorriso na cara, volver a casa cun pequeno tesouro.

Estrella Ortiz, narradora oral desde hai máis de 30 anos, e fundadora do Maratón de Contos de Guadalaxara en 1992, moi coñecida polo seu personaxe da Bruxa Rotundifolia, rende aquí tributo absoluto aos seus dous principios creadores: “as palabras son música” e “un mundo mellor empeza cunha bonita historia”.

Mar Azabal achega emoción ao texto dunha forma natural e directa, cunha ampla paleta de cores, entre acuarelas, lapis de cores e algún retoque dixital.