Colección O

Nariz de ouro

Raquel Saiz & Juliana Bollini

ISBN 978-84-9871-228-5

14,90

Cantidade:
INFORMACIÓN
  • Paxinas 40 páxs.
  • Encadernación cartoné
  • Medidas 25x23 cm
  • Publicación abril 2010

—Eduardiño vai xirar a cabeza!

—Corpo a terra! –berraban os nenos

mentres se agachaban.

 

Aos tres títulos de Raquel Saiz que xa forman parte do catálogo de OQO editora cómpre engadir agora o cuarto: Nariz de ouro, publicado dentro da Colección O.

 


Descrición

—Eduardiño vai xirar a cabeza!

—Corpo a terra! –berraban os nenos

mentres se agachaban.

 

Aos tres títulos de Raquel Saiz que xa forman parte do catálogo de OQO editora cómpre engadir agora o cuarto: Nariz de ouro, publicado dentro da Colección O.

 

O protagonista do novo álbum da autora é un neno moi serio ao que non lle chistaba que lle chamasen Eduardiño, nin sequera Edu. Pero, por suposto, na escola todos, todos lle chamaban Eduardiño e ademais ríanse do seu nariz.

 

Vivir cun nariz enorme polo que tes que pagar dous asentos no autobús non é nada sinxelo, pero Eduardo conta co apoio incondicional da súa nai que todas as noites lle le O patiño feo.

 

Como é un neno espelido, Eduardiño xa sabe que ao final do conto o pato se transforma en cisne. Pero, a quen lle importa non ser un cisne? Que hai de malo en ser un pato?

 

Cómpre destacar a modernidade deste sutil xogo de relacións que se establece entre o conto clásico de Andersen e Nariz de ouro. Un recurso, o da intertextualidade, que lle permite á autora enriquecer con novos significados o texto, e que abre para os lectores horizontes novos á hora de interpretaren a obra.

 

O espírito rebelde da escritora amosado en libros anteriores, tamén está presente neste relato que reivindica con humor o dereito a sermos imperfectos e reflexiona sobre a importancia da autoestima na consolidación da personalidade dos máis pequenos.

 

Juliana Bollini, a ilustradora do álbum, deixouse levar pola tenrura que lle inspiraba a historia e, en especial, Eduardiño e quixo destacar o lado máis lúdico e soñador do protagonista.

 

A técnica do papel maché que emprega nos seus traballos xa se converteu nun dos sinais de identidade desta autora, á que lle gusta crear bonecos e personaxes de papel a partir de materiais de refugallo.

 

As ilustracións do álbum están realizadas seguindo este mesmo procedemento. O resultado son auténticas colaxes nas que se mesturan os elementos máis heteroxéneos: diferentes tipos de papel, recortes de cartóns, teas, arames, rodiñas de metal, tintas acrílicas, lapis de cores, etc.

 

As cores suaves en contraste con outras máis vivas, as diferentes texturas, o efecto de relevo nas figuras… As imaxes non só estimulan, como é habitual, o sentido da vista, senón tamén o tacto. Convídannos a estirar os dedos e tocar, e fan deste álbum unha fonte de pracer para todos os nosos sentidos.

 

Texto de Raquel Saiz

Ilustracións de Juliana Bollini

 

Tradución do castelán de Marisa Núñez