Muk

Wilhelm Hauff & João Caetano

ISBN: 978-84-96788-74-9

Muk era un homiño pequeno e desgraciado que non medía máis de medio metro e tiña un cabezón enorme. Á morte de seu pai, decide saír de viaxe na procura de fortuna. No seu percorrido coñecerá personaxes singulares e a punto estará de perder a esperanza ante as dificultades; mais, con valentía e enxeño, acabará superando todos os atrancos que lle saen ao paso.

 

14,00

Este producto está agotado.

INFORMACIÓN

Páginas: 64 páxs.

Encuadernación: cartoné

Medidas: 15x20 cm

Publicación: maio 2007

Muk era un homiño pequeno e desgraciado que non medía máis de medio metro e tiña un cabezón enorme. Á morte de seu pai, decide saír de viaxe na procura de fortuna. No seu percorrido coñecerá personaxes singulares e a punto estará de perder a esperanza ante as dificultades; mais, con valentía e enxeño, acabará superando todos os atrancos que lle saen ao paso.

 

Wilhelm Hauff recorre a un relato fantástico, de orixe europea, con ambientación clásica, ton humorístico e elementos propios do conto marabilloso. Con todos eles, compón un conto de talante educativo que incita a reflexionar sobre o sufrimento humano, e ademais trata de inculcar o respecto polas persoas.

Pero Hauff tampouco evita a dureza dalgúns personaxes, sen o máis mínimo escrúpulo. Este autor alemán, a pesar da súa breve vida (1802-1827), deixou numerosos contos de creación propia, con fortes raíces nos contos populares alemáns, novelas como Lichtenstein e O home na lúa, e o conto Memorias de Satán. En concreto, este que agora nos ocupa publicouse por primeira vez en Alemaña en 1826, incluído dentro da recompilación Os contos do almanaque.

 

Pola súa parte, João Caetano, desde a ilustración, experimenta co material e procura novas texturas. E pese a recrear unha obra clásica, cun estilo experimental, este, en ningún momento dificulta a comprensión por parte dos lectores.

 

 

Texto de Wilheim Hauff, en versión en galego de Paco Liván

Ilustracións de João Caetano

Últimos productos