Moito conto

Enrique Páez & Marjorie Pourchet

ISBN: 978-84-9871-493-7

Bela durminte espertou.

Un príncipe acababa de darlle un bico.

Non se moveu nin abriu os ollos, a ver que pasaba.

16,00

Este producto está agotado.

INFORMACIÓN

Páginas: 32 páxs.

Encuadernación: cartoné

Medidas: 22x28 cm.

Publicación: marzo 2014

Bela durminte espertou.

Un príncipe acababa de darlle un bico.

Non se moveu nin abriu os ollos, a ver que pasaba.

Entón oíu unha voz dun mozo que lle murmuraba:

Queres casar comigo?

Chegara o seu príncipe!

 

 

Logo dun gran letargo, Bela esperta. Un príncipe bícaa e pídelle matrimonio! Con certo estupor, descobre que moito cambiaran as cousas nos contos: o seu príncipe, que resultou ser o Soldadiño de chumbo, axúdalle a poñerse ao día.

 

Mediante a técnica narrativa do relato enmarcado, que consiste na inclusión dunha ou varias historias dentro da narración principal, Moito conto é unha especie de contedor que dá cabida a unha chea de personaxes que aparecen e desaparecen recreando, ao seu paso, novas aventuras.

 

Como ben apunta o autor, o escritor Enrique Páez, trátase de “un libro tesouro, un libro almacén, un libro índice de contos e de soños. Pode dar lugar a xogos creativos de interrelación dos personaxes, millóns de universos posibles no mundo dos contos”. Así, vemos como Hansel casou coa bailarina, o príncipe azul coa Sereíña, Cincenta e Carapuchiña viven en casa do leñador e teñen o lobo como mascota…

 

Este recurso literario reforza o dinamismo do texto que destila ironía nos seus diálogos: Soldadiño de chumbo suxire a Bela que se dea unha ducha, xa que leva moitos anos a durmir, Gato con botas pídelle asilo porque o están a perseguir os corenta ladróns…

 

Para render homenaxe a todos os que traballan en favor da literatura infantil e xuvenil, o autor brinda ao lector unha sorpresa no desenlace “que tende unha ponte necesaria entre a realidade e a fantasía”.

 

Atraída polo dobre sentido do título, a ilustradora francesa, Marjorie Pourchet, mergúllanos, nesta terceira colaboración con OQO, nun mundo de ficción onde os personaxes se converten en actores capaces de representar diferentes papeis. A estrutura do relato permítelle traballar os códigos do xénero e a procura de ambientación; así, para ela, “a habitación da Bela é o decorado dunha escena na que os personaxes interpretan as súas historias, o libro de contos é o teatro”.

 

O marco que aparece na primeira ilustración, inspirado en libros ilustrados antigos, sérvelle para definir os espazos narrativos: “é a porta de entrada dun espazo a outro: do interior do libro ao exterior, do espazo do texto ao da imaxe. É o fío que conduce ao desenlace da historia, á estrutura abismada do final”, comenta a ilustradora.

 

Tintas en tons pastel, contrastados con vermellos e negros e certos toques de gravado conforman a técnica utilizada para esta creación. A composición da portada é unha particular homenaxe ao ilustrador clásico Gustave Doré. Unha obra rica en detalles, na que texto e imaxe danse a man para cativar o lector, ofrecéndolle a oportunidade de darlle renda solta á imaxinación e de exercer como “disparador da memoria”, segundo subliña o seu autor.

 

 

Texto de Enrique Páez

Ilustracións de Marjorie Pourchet

Tradución do castelán Marisa Núñez

 

 

 

 

Últimos productos