Nun reino moi afastado, o rei, que non podía durmir, pídelle auxilio ao mago da corte. Trifón ofrécelle un amorodo encantado, pero por un descoido, Marizul, sobriña do mago, come a froita máxica destinada a curar o insomnio do monarca e entra nun profundo soño…
14,50€
Este producto está agotado.
Nun reino moi afastado, o rei, que non podía durmir, pídelle auxilio ao mago da corte. Trifón ofrécelle un amorodo encantado, pero por un descoido, Marizul, sobriña do mago, come a froita máxica destinada a curar o insomnio do monarca e entra nun profundo soño…
Con elementos recorrentes, trazos da lírica e motivos que evocan o universo literario de Borges (memoria, esquecemento, tempo…) Bernardino Rivadavia aventúrase no territorio dos soños. Da súa man, o lector introducirase nun labirinto, nunha ficción construída baixo a pegada de recoñecibles tradicións literarias e culturais. Marizul, que soña que soña, pasa dun mundo ao outro sen saír do plano onírico. Nun país de camiños circulares, nun tempo que se volve reversible, Marizul vivirá experiencias novas, grazas aos estraños seres que vai atopando no camiño. Con eles viaxará a latitudes afastadas.
Pero eses territorios fantásticos están poboados de imaxes e obxectos cotiáns, co que a ambigua fronteira entre realidade e fantasía nunca se acabará de desvelar de todo. Maurizio A. C. Quarello conxuga a poética do texto cunhas ilustracións que conmoven, que invitan a mergullarse nun universo artístico cheo de riqueza. Así, entre as páxinas da obra aparecen referencias intertextuais a pintores como Alberto Durero, Francisco Goya, George Grosz, Edgard Hopper, Pieter Bruegel «O Vello», Giuseppe Arcimboldo…
Texto de Bernardino Rivadavia
Ilustracións de Maurizio A. C. Quarello
Tradución do castelán de Manuel Darriba