Mariluz Avestruz ten unha cola moi xeitosa e séntese orgullosa dela. Pola noite, para non esmagar as plumas, dorme coa cabeza enterrada na area e a cola ao aire.
Unha mañá, ao espertar, estira o pescozo e sente que a súa cabeza non se move. Mariluz patexa, espernexa, abanea a cola e tira, tira, e tira… pero a súa cabeza está atrancada e de aí non sae. Se quere soltarse, non lle quedará máis remedio que pedir axuda.

Con reminiscencias ao conto de tradición oral recollido por Alexei Tolstoy, no que un vello granxeiro atopa un nabo xigante e precisa a axuda dos demais para arrincalo, este álbum confirma que para superar determinados obstáculos é necesaria a colaboración, a confianza e o traballo en equipo.
Mariluz aprenderá tamén que a luz do día é moito máis importante que a súa fermosa cola, e xa non esquecerá que… Só os avestruces papáns dormen coa cabeza acochada no chan.
O ilustrador portugués Bernardo Carvalho preséntanos unha narración visual que nos traslada á sabana africana, cunha posta en escena moi recoñecible para primeiros lectores. Serigrafías en cores planas, trazo vivo e dinámico para crear uns personaxes divertidos e moi expresivos, cunha técnica limpa e directa.
Texto de Rachel Chaundler. Ilustracións de Bernardo Carvalho