Mariluz Avestruz

Rachel Chaundler & Bernardo Carvalho

ISBN: 978-84-9871-606-1

Mariluz Avestruz ten unha magnífica cola. Pola noite, para non esmagala, dorme coa cabeza enterrada e coa cola ao aire. Unha mañá, ao espertar, estira o pescozo e decátase de que non pode mover a cabeza. Mariluz patexa, espernexa, abanea a cola e tira, e tira, e tira… pero a cabeza está atrancada e de aí non se move. Se quere soltarse, non terá máis remedio que pedir axuda.

 

14,90

Este producto está agotado.

INFORMACIÓN

Páginas: 36 páxs.

Encuadernación: cartoné

Medidas: 25x23 cm

Publicación: setembro 2018 - 2ª edición

Mariluz Avestruz ten unha magnífica cola. Pola noite, para non esmagala, dorme coa cabeza enterrada e coa cola ao aire. Unha mañá, ao espertar, estira o pescozo e decátase de que non pode mover a cabeza. Mariluz patexa, espernexa, abanea a cola e tira, e tira, e tira… pero a cabeza está atrancada e de aí non se move. Se quere soltarse, non terá máis remedio que pedir axuda.

 

Con reminiscencias daquel antigo conto de Alexei Tolstoy, no que un vello granxeiro atopaba un nabo xigante e precisaba da colaboración dos demais para arrancalo, en Mariluz Avestruz fica claro que o poder para mudar as cousas se logra mediante o traballo en equipo. Pero Mariluz aprenderá tamén que a luz do día é moito máis importante que a súa fermosa cola e xa non esquecerá que só as avestruces papanas dormen coa cabeza acochada no chan.

 

O ilustrador portugués Bernardo Carvalho preséntanos unha narración visual que nos traslada á sabana africana, cunha posta en escena moi recoñecible para os primeiros lectores. Serigrafías en cores planas, trazo vivo e dinámico para crear uns personaxes divertidos e moi expresivos, cunha técnica directa e limpa.

 

Texto de Rachel Chaundler

Ilustracións de Bernardo Carvalho

 

Tradución do castelán de Marisa Núñez

Últimos productos