Manda Narices ( GAL)

Paco Liván & Iván Prieto

ISBN: N/A Category

Tres irmás reciben en herdanza unha ola e unha culler. Ao remexeren, aparecen tres obxectos con poderes máxicos. A máis pequena pretende usar o seu para coñecer un príncipe famoso pola súa beleza. Como ademais de aposto, resulta ser un home ruín, narcisista e vaidoso, con trampas e enganos, consegue humillar a rapaza e apodérase do legado das tres. Mais fronte a adversidade, as cativas botan man do seu enxeño para darlle ao príncipe un bo escarmento.

 

INFORMACIÓN

Colección:

Páxinas: 48 págs.

Encadernación: cartoné

Medidas: 25x23 cm

Publicación: julio 2005

Tres irmás reciben en herdanza unha ola e unha culler. Ao remexeren, aparecen tres obxectos con poderes máxicos. A máis pequena pretende usar o seu para coñecer un príncipe famoso pola súa beleza. Como ademais de aposto, resulta ser un home ruín, narcisista e vaidoso, con trampas e enganos, consegue humillar a rapaza e apodérase do legado das tres. Mais fronte a adversidade, as cativas botan man do seu enxeño para darlle ao príncipe un bo escarmento.

 

Manda narices! narra as divertidas peripecias de tres irmás, que non pararán ata lle dar o seu merecido ao príncipe trampulleiro. A personaxe da máis cativa, malia a súa inocencia inicial, preséntase cun espírito inconformista e perspicaz, e por se isto fose pouco, conta coa solidariedade das irmás e cos obxectos máxicos herdados do pai. O devir dos acontecementos dará lugar a unha serie de escenas suxestivas e teatrais, nas que o príncipe acabará por ser vítima da astucia da rapaza.

 

Da combinación dunha variante quebequesa de remota orixe europea, con outras versións alemás, xorde esta historia, cun ritmo sintético e eficaz, e na que se acentúa o suspense nos momentos culminantes da obra.

 

A proposta de ilustración parte de figuras tridimensionais, que traduce a bidimensionais por medio do colaxe. Deste xeito, Iván Prieto ofrece a súa propia interpretación do texto, unha segunda lectura que enriquece o álbum cun universo de matices.

 

Con Manda narices!,o artista ourensán fai a súa entrada no mundo da ilustración, despois de máis de oito anos de creación plástica no eido da pintura e a escultura.

 

Texto de Paco Liván, a partir dun conto popular canadense
Ilustracións Iván Prieto

Últimos produtos