Colección
Esgotado

Mago Rosa

Txabi Arnal & Rashin Kheiriyeh

ISBN 978-84-9871-446-3

14,90

Este producto está agotado.

INFORMACIÓN
  • Paxinas 36 páxs.
  • Encadernación cartoné
  • Medidas 25x23 cm
  • Publicación abril 2013

 

Por ?n, os seus esforzos tiñan recompensa:
Mago Rosa conseguira facer
unha bolsa de coiro que tragaba todo.
Abondaba con dicir:

OEMOC!
(unha palabra que, dada a volta, deixa de ser máxica)

 


Descrición

 

Por ?n, os seus esforzos tiñan recompensa:
Mago Rosa conseguira facer
unha bolsa de coiro que tragaba todo.
Abondaba con dicir:

OEMOC!
(unha palabra que, dada a volta, deixa de ser máxica)

 

Logo de moitos experimentos, este mago monocromático atopa unha fórmula para satisfacer a súa ilimitada avaricia e maldade gratuíta, que non tarda en aplicar ao Mago Amarelo, porque non lle caía nada ben, aínda que sen saber por que.

A partir de aí empeza a encher a súa bolsa á orde de Oemoc! (Cómeo!, ao revés). Con este obxecto máxico, acode ao mercado e á xastrería, arramplando con todo. Ata fai seu o palacio máis luxoso da rexión e ata o Banco, con banqueros, clientes, cartos e todo.

No entanto, o seu periplo de cobiza incontrolable vese interrompido cando se atopa cunha bondadosa e xenerosa maceira, que non dubida en enfrontarse a el e á súa bolsa de coiro para protexer a un indefenso paxariño:

Non hai cousa que se me resiste!gritou o mago, fóra de si.

Pero, a saber por que razón, a maxia non funcionaba con aquel paxaro.

Este conto demostra que non hai inimigo pequeno. Así, unha simple árbore e un ave diminuta son capaces de enervar a un mago e ata anular os seus poderes, no caso do pequeno paxaro.

Txabi Arnal volve colaborar con OQO editora, tras escribir, xunto ao seu irmán Manu, O crebacabezas. E, do mesmo xeito que neste álbum, en Mago Rosa toca de novo o tema da xustiza; tanto na recompensa das boas accións (ao final a maceira é auxiliada por unha nube de aves, amigas do paxaro) como o castigo —coa mesma moeda— do dano realizado (explicitado na ilustración coa que finaliza o conto).

“Mago Rosa é un conto infantil, divertido e algo falcatrueiro, cargado de intención, e consciente de quen será preferentemente o seu público lector”, destaca o escritor Txabi Arnal, que, no entanto, rexeita que busque unha mensaxe ou final “moralizadora” no conto; “quen pretenda atopar unha sentenza, que a busque, pero que quede moi claro, non é a miña intención”, aclara.

En concreto, explica que escribiu este conto coa intención de provocar “sorrisos entre os seus lectores e ofrecer un bo intre de goce e diversión”. “Oxalá que sexan compartidos!”, engade con entusiasmo.

Unhas pretensións que, de momento, xa se cumpriron en Rashin Kheiriyeh. A ilustradora iraniana atopou ao conto  —e en particular ao protagonista— “moi gracioso e encantador”, así que intentou debuxalo “tan divertido” como puido.

“É unha historia brillante, que me encantou en canto a lin”, subliña a ilustradora sobre o traballo de Txabi Arnal e que supón a súa terceira colaboración con OQO, tras Sopa de nada e Se os gatos levasen botas gobernarían as ras, Premio Especial no “I Concurso Internacional de Ilustración de Nami Island” (Corea do Sur).

Para salientar máis a característica cromática que dá nome ao mago e ao conto, Rashin Kheiriyeh creou fondos sinxelos. En canto á técnica, utilizou a combinación habitual nos seus traballos: óleo, colaxe e gravado. “Paseino en grande mentres facía as ilustracións para este conto, por iso espero que lle encante aos lectores”, conclúe a artista.

 

Texto de Txabi Arnal

Ilustracións de Rashin Kheiriyeh