“Cando choran os dromedarios, a súa joroba encóllese un pouco…”
O pequeno dromedario, farto dos comportamentos abusivos dos seus irmáns, non é quen de lles facer fronte, e chora sen parar. É por iso tamén que a súa xiba cada vez torna máis insignificante. Pero cando as cousas comecen a se poñer difíciles e xurdan os problemas… Macario demostrará quen é o máis «forte».
14,00€ – 14,90€

Os choros son unha reacción propia do desenvolvemento das crianzas, e representan unha resposta fronte a determinadas situacións. Nos primeiros anos da infancia, a complexidade das emocións pode facerlles sentir aos máis pequenos que non atopan as palabras para se expresar, e aparece entón o pranto, case sempre ante situacións de medo, angustia, frustración, confusión, necesidade…
Deben aprender a recoñecer os sentimentos, as causas que os provocan, e a actuar. A capacidade de reacción xera confianza e benestar, mais ás veces tamén resulta vital, a colaboración dos demais para manexar determinados problemas; neste caso, a amizade de Macario co ourizo será determinante para resolver os contratempos.
O ilustrador portugués Bernardo Carvalho preséntanos unha narración visual que nos transporta ao deserto, cunha posta en escena diáfana para os primeiros lectores. Serigrafías en cores planas, trazo vivo e dinámico para crear uns personaxes divertidos e moi expresivos, cunha técnica limpa e directa.
Texto Rachel Chaundler Ilustracións de Bernardo Carvalho