Lucas e Oso

José Campanari & Kristina Andres

ISBN: 978-84-9871-241-4, 978-84-9871-240-7

—Vai mexar antes de deitarte -recordoulle súa nai. Lucas mirou debaixo da cama e, abrazado a Oso, non tardou en durmir.

 

O pequeno Lucas planeaba atrapar o monstro da xerra de auga, que mollaba a súa cama cada noite. Para iso, contaba coa axuda do seu fiel e leal amigo Oso.

14,90

ISBN: N/A Category
INFORMACIÓN

Colección:

Páxinas: 40 págs.

Encadernación: cartoné

Medidas: 25x23 cm

Publicación: julio 2010

—Vai mexar antes de deitarte -recordoulle súa nai. Lucas mirou debaixo da cama e, abrazado a Oso, non tardou en durmir.

 

O pequeno Lucas planeaba atrapar o monstro da xerra de auga, que mollaba a súa cama cada noite. Para iso, contaba coa axuda do seu fiel e leal amigo Oso.

 

Este relato de José Campanari aborda con tacto, naturalidade e a dose de humor xusta procesos de maduración complicados para os máis pequenos: deixar de mexar na cama e o primeiro día de colexio.Lucas e Oso revela desde o principio a preocupación do pequeno por atrapar o monstro da xerra de auga, a quen lle atribúe que a súa cama apareza mollada polas mañás. A esta inquietude, súmaselle o comprensible nerviosismo que supón o primeiro día de escola.

 

Nesta nova colaboración con OQO, Campanari volve abordar pequenos conflitos cotiáns, tal e como fixo en E que podo facer eu? ou Sígueme! (unha historia de amor que non ten nada de raro) e faino coa sensibilidade que caracteriza todos os seus textos. En Lucas e Oso, preséntanos a un neno valente, disposto a enfrontarse ao seu problema coa mellor arma da que dispoñen os pequenos: a imaxinación, aliada perfecta para evitar complexos ou traumas. Ademais, Lucas conta para iso coa imprescindible comprensión dos seus pais. Estes atinan no modo de alentalo para que pouco a pouco estas visitas nocturnas deixen de producirse e tamén o fan na forma de resolver a pequena catástrofe: obviar calquera castigo ou burla. Estes métodos o único que conseguen é agravar este problema, xa que frustran e aumentan a inseguridade dun neno. A tenrura do protagonista tamén a provoca a súa bondade; arriscándose nos seus pesadelos para protexer o seu inseparable escudeiro de peluche e alter ego, Oso. E ata cando lle atribúe —coa picardía propia de calquera neno— que a cama apareza mollada, sae na súa defensa ao presentalo como vítima do monstro da xerra de auga. O mundo de fantasía que Lucas e Oso viven cada noite, na súa fazaña onírica de atrapar o monstro da xerra de auga, é recreado ao detalle por Kristina Andres. As súas ilustracións están repletas de divertidas e diminutas criaturas que viven situacións graciosas e surrealistas, nunha narración visual paralela, moitas veces independente da trama principal de Lucas e o seu amigo Oso. Este estilo característico da ilustradora alemá propicia novas lecturas cheas de humor, como as que atopamos no seu primeiro traballo con OQO, A pota que trota, e das que tamén gozaremos en Lucas e Oso, un álbum para axudar os máis pequenos a deixar de avergoñarse por un feito que cren —erroneamente— que só lles ocorre a eles.

 

Texto de José Campanari

Ilustracións de Kristina Andres

Últimos produtos