Feroz, o lobo

Margarita del Mazo & Leire Salaberria

ISBN: 978-84-9871-497-5

Feroz, o lobo,

pasara a noite toda

deambulando polo bosque.

Andaba tan atarefado

16,00

Este producto está agotado.

INFORMACIÓN

Páginas: 44 páxs.

Encuadernación: cartoné

Medidas: 22x28 cm.

Publicación: maio 2014

Feroz, o lobo,

pasara a noite toda

deambulando polo bosque.

Andaba tan atarefado

que nin tempo tivera de lle ouvear á lúa,

cousa imprescindible na vida dun lobo.

 

Cando esperta, Feroz, arránxase e sae a toda présa en busca de Carapuchiña. Pasa pola casa da avoa, da nai e finalmente pola dos tres porquiños. Pero, non só non dá con ela, senón que polo camiño recibe insultos, guíndanlle unha xerra de auga e ata un ladrillo. Ferido, coxo e con fame de lobo, adéntrase no bosque, onde por fin a atopa. Con tino, achégase a ela, mais Carapuchiña asústase e, ao berrar, un cazador dispara a Feroz, que bate co corpo no chan…

 

Nesta nova colaboración con OQO editora, Margarita del Mazo confesa escribir esta historia “para reconciliarse cos personaxes do conto”, posto que non lle gustaba nada, e aínda menos cando a súa nai engadía: “Iso ocorreulle a Carapuchiña por non obedecer á súa nai!”. A autora céntrase no personaxe do lobo, un lobo que, empeñado en atopar a Carapuchiña, tópase co menosprezo de todos os que se lle cruzan no camiño. A súa mala fama inxustificada, polo menos neste conto, perségueo.

 

Rapidamente, o lector decátase de que as aparencias enganan e de que é aconsellable poñer en dúbida as ideas preconcibidas xa que, moitas veces, poden facernos pensar de modo equivocado. É convinte evolucionar co devir do tempo, como argumenta a autora, que tamén cambiou o seu punto de vista sobre o conto orixinal: “Esta forma de pensar mudou coa idade. E agora fascíname este personaxe. Gústanme todas as Carapuchiñas diferentes: as espertas, as descaradas, as que saben enganar os lobos…“.

 

Atraída pola liberdade que lle brinda o texto, a ilustradora Leire Salaberria, na súa terceira colaboración con OQO editora, ofrécenos unha proposta plástica pensada coma se fose unha curtametraxe de animación, que nos permite seguir o protagonista ao longo da historia e participar de todo o que lle vai acontecendo.

 

Unha paleta de acrílicos en tons fríos fai alusión ao mundo de Feroz, que contrasta coas cores máis calidas, como as vermellas e as fucsias, reservadas para o mundo de Carapuchiña. As cores amarelas aportan “ese punto de loucura onde todo é bastante surrealista”, apunta a ilustradora, que afirma tamén gozar creando personaxes con formas de prantas e rochas, que non aparecen na narración escrita. O seu particular punto de vista móstranos un lobo máis humano (vive nunha casa, conduce, cociña, pasa o ferro…), e a unha Carapuchiña “máis lobuna”, non en balde a súa carapucha ten orellas.

 

Texto e imaxe, tinguidos de humor, de suspense e dun punto de terror, parten dun conto tradicional para afastarse
del e conducirnos cara un desenlace doce e aberto, co que os lectores mozos gozarán de cada detalle da historia.
A ilustradora recibiu a mención de honra polas ilustracións desta obra durante a feira do libro dos Emiratos
Árabes 2014: Sharjah International Book Fair.

 

 

Texto de Margarita del Mazo

Ilustracions de Leire Salaberria

Traducción do castelán Marisa Núñez

 

 

 

Últimos productos