Dez gatos aburridos

Txabi Arnal Gil

ISBN: N/A Category

Dez gatos da casa pasaban os días ao quente da cheminea.

Unha mañá fría e pachorrenta, aburridos de estar aburridos,

puxéronse a botar contas:

-Os gatos temos sete vidas. Somos dez, así que, entre todos, sumamos… SETENTA VIDAS!

E ímolas malgastar pasmando diante da cheminea?

-Ca!, Diso nada!

INFORMACIÓN

Colección:

Páxinas: 40 págs.

Encadernación: Non especificada

Medidas: 25x23 cm

Publicación: Sen especificar

Dez gatos da casa pasaban os días ao quente da cheminea.

Unha mañá fría e pachorrenta, aburridos de estar aburridos,

puxéronse a botar contas:

-Os gatos temos sete vidas. Somos dez, así que, entre todos, sumamos… SETENTA VIDAS!

E ímolas malgastar pasmando diante da cheminea?

-Ca!, Diso nada!

Dez gatos aburridos é un conto redondo. E non só pola súa estrutura circular, senón tamén

pola súa equilibrada combinación de inocencia, humor, acción e aventura.

Dez gatos aburridos é tamén un conto matemático; unha invitación para xogar con sumas, restas

e multiplicacións, ao longo dunha narración que reparte as súas liñas entre a tradición e a modernidade.

Este álbum, que invita á aventura grupal e á aceptación do fracaso como unha forma de aprendizaxe,

promove a perseveranza e a continuidade como actitudes esenciais. E é que Dez gatos aburridos é,

ante todo, un canto á vida; unha chamada a non deixala pasar sen antes espremela (aínda que saibamos

que dispoñemos de sete).

As imaxes de Roger Olmos achegan gran potencial narrativo, construíndo escenarios evocadores

e amosando múltiples detalles e información contextual que amplía, enriquece e fai aínda máis pracenteira

a lectura.

Accésit do V PREMIO INTERNACIONAL DE ÁLBUM ILUSTRADO CIUDAD DE FUENGIROLA na convocatoria de 2026.

Últimos produtos