Non vin unha vella nin un vello, nin unha vella nin unha vella. Corre corre, cabaza. Corre máis rápido, cabaza!, respondeu á cabaza que rodaba pola estrada, ante a mirada estupefacta do lobo, do oso e do león. Quen entrará dentro dela, burlándose das tres bestas?
13,50€ – 14,90€
Non vin unha vella nin un vello, nin unha vella nin unha vella. Corre corre, cabaza. Corre máis rápido, cabaza!, respondeu á cabaza que rodaba pola estrada, ante a mirada estupefacta do lobo, do oso e do león. Quen entrará dentro dela, burlándose das tres bestas?
Corre corre, cabaciña é un conto popular portugués, de gran tradición no país veciño, mais que aínda non fora editado en galego. Relata a historia dunha velliña que, de camiño ao casamento da neta, atopa un lobo, un oso e un león que a queren comer. Ela convence os animais para que a esperen á volta do convite e, despois da celebración, a neta e a velliña argallan algo moi orixinal para burlar as tres feras.
Escritores da talla de Alice Vieira e recompiladores de contos tradicionais portugueses como Adolfo Coelho, S. Romero, A. Oliveira ou L. Vasconcellos, recolleron variantes desta historia por Portugal e mesmo Brasil, con historias que se chamaron A vella. e os lobos, O macaco e a cabaça (na variante brasileira), A cabacinha ou A vella que ia na calabaça e foundou um lobo. Nalgunhas destas versións os animais comen á avoa, pero nesta versión escolleuse un final no que a vella e a neta, conxugando enxeño, humor e imaxinación, conseguen superar os conflitos e darlle ás tres bestas o que se merecen. Cun ritmo áxil e empregando a “lenga lenga” –case un trabalinguas–, presente nas versións portuguesas que aínda hoxe circulan, esta historia ofrece moitas posibilidades expresivas para a narración e a representación teatral.
André Letria, ilustrador de gran prestixio en Portugal e gañador en varias ocasións do Premio Nacional de Ilustración do país veciño, crea personaxes cunha gran forza e personalidade, acentuando a súa expresividade e enriquecendo as imaxes cunha imaxinación humorística moi definida.
Texto de Eva Mejuto, a partir dun conto popular portugués Ilustracións de André Letria