Cocorico

Marisa Núñez & Helga Bansch

ISBN: N/A Category

Cocorico é un pitiño que vive feliz coa súa nai.
Un día que Mamá Galiña vai facer biscoito,
o pitiño ofrécese a ir pola leña para acender o forno.
Cando está en plena faena,
aparece un gato enorme e malvado que o quere devorar.
De milagre, Cocorico salva a vida porque lle promete que lle dará a metade da merenda.
Mais, unha vez pasado o perigo, o lambón de Cocorico esquece o trato
e come o biscoito enteiro.

INFORMACIÓN

Colección:

Páxinas: 36 págs.

Encadernación: cartoné

Medidas: 25x23 cm

Publicación: noviembre 2014 - Reimpresión

Cocorico é un pitiño que vive feliz coa súa nai. Un día que Mamá Galiña vai facer biscoito, o pitiño ofrécese a ir pola leña para acender o forno.
Cando está en plena faena, aparece un gato enorme e malvado que o quere devorar. De milagre, Cocorico salva a vida porque lle promete que lle dará a metade da merenda. Mais, unha vez pasado o perigo, o lambón de Cocorico esquece o trato e come o biscoito enteiro. A mamá anóxase: vai vir Gato Pelado e vaite comer dun bocado! Nisto escoitan un ruído na porta: É Gato Pelado reclamando a súa metade de biscoito…

 

Cocorico constitúe unha adaptación libre dun conto tradicional birmano co que os máis pequenos aprenden a compartir, a cumprir as promesas e a escoitar os consellos daqueles que saben máis.

 

Neste caso, o pitiño é o causante da furia do gato, ao non lle deixar ren da merenda. Menos mal que Mamá Galiña virá en auxilio do seu pequeno e Cocorico finalmente aprenderá unha valiosa lección.

 

A ilustradora intercala algunha collage y mais diversos materiais e texturas, e cun debuxo de trazo fino e delicado, Helga Bansch engaiola os máis pequenos e consegue plasmar toda a tenrura da historia. As imaxes luminosas, de cores vivas, moi acordes co ritmo do texto, contribúen a perfilar con mestría os sentimentos dos personaxes: a inquietude do pitiño, a dozura da galiña, a carraxe do gato…

 

Cunha linguaxe sinxela, mais que espreme ao máximo as posibilidades da palabra, velaquí un divertido conto de tres personaxes, para gozalo cos cinco sentidos, e que emocionará os máis pequeniños.

 

Texto de Marisa Núñez, a partir dun conto tradicional birmano Ilustracións de Helga Bansch

 

Tradución do galego de Marisa Núñez

Últimos produtos