Coas mans baleiras

Ana Tortosa & Cecilia Varela

ISBN: 978-84-9871-712-9, 978-84-9871-266-7, 978-84-9871-713-6, 978-84-9871-281-0, 978-84-9871-295-7

—E se lle levo auga de mar? Non, iso xa o ten, porque o mar está no seus ollos.

13,5014,90

ISBN: N/A Category
INFORMACIÓN

Colección:

Páxinas: 36 págs.

Encadernación: cartoné

Medidas: 25x23 cm

Publicación: septiembre 2023

—E se lle levo auga de mar? Non, iso xa o ten, porque o mar está no seus ollos.

É o aniversario de Mario e Alba está convidada a merendar na súa casa. Non sabe que regalarlle e, polo camiño, vai pensando nun obsequio para o seu amigo. Ocórrenselle moitas cousas, pero non é fácil decidirse cando se quere algo especial.
Ana Tortosa elixe un título revelador, “Coas mans baleiras”, para este conto que presenta valores moi afastados dos que a sociedade de consumo trata de impoñernos. Da man da protagonista deste álbum, descubriremos que o mellor regalo non é o que nos ofrece unha moda imposta por modas ou mercados. O agasallo é unha mostra de afecto ou gratitude que pode ir moito máis alá do material, explorando outras alternativas: a natureza, a imaxinación, a creatividade…
Ademais o álbum esixe unha lectura atenta para resolver o reto que nos propón: adiviñar a identidade do misterioso Mario antes de chegar ao final, fiando as pistas que Jana nos ofrece ao longo do relato.
Cecilia Varela encheu de luz e vida as páxinas do libro. As súas continuas referencias ao mar e os motivos mariños (o temón, a praia, o faro, a buguina…) son unha metáfora dese mar de preguntas polo que navega Jana en busca do mellor agasallo para o seu amigo.
Dous personaxes, un gato negro e un polbo, acompáñana na súa aventura. Ambos son animais vinculados á cultura mariñeira. A historia dos navegantes está chea de relatos de polbos xigantes, aínda que este de Cecilia Varela é traste e rebuldeiro. Tamén, tradicionalmente, os mariños viaxaban con gatos a bordo para controlar os ratos.
Un álbum ilustrado poético, delicado e directo que nos axuda a reflexionar sobre a demostración de afecto, potenciando aprendizaxes ricas en valores e benestar emocional.

 

Texto de Ana Tortosa Ilustracións de Cecilia Varela

Últimos produtos