Chega un avión!

José Campanari & Simona Mulazzani

ISBN: 978-84-9871-398-5, 978-84-9871-397-8

Cando o tío Lalo vén comer á casa,
senta ao meu lado e xogamos ao avión.

A comida pode ser un momento de diversión e unha oportunidade para estreitar lazos afectivos. Isto é o que sucede entre o noso pequeno protagonista e o seu tío Lalo.

 

8,10

ISBN: N/A Category
INFORMACIÓN

Colección:

Páxinas: 22 págs.

Encadernación: cartón

Medidas: 17x16cm

Publicación: septiembre 2012

Cando o tío Lalo vén comer á casa, senta ao meu lado e xogamos ao avión.

 

A comida pode ser un momento de diversión e unha oportunidade para estreitar lazos afectivos. Isto é o que sucede entre o noso pequeno protagonista e o seu tío Lalo.

A través do xogo, ambos crean un vínculo, á vez que o fan co resto da familia. O tío vaille ofrecendo ao seu sobriño pequenas culleradas de comida, apelando á figura da avoa, do avó, do pai e da nai, para incentivar que o neno coma. Debido á dificultade de abstracción en lectores de tan curta idade, a ilustradora, Simona Mulazzani, optou por incluír unha orixinal referencia visual de cada membro da familia: fotos das súas caras que o tío Lalo lle mostra ao neno.

Deste xeito, activa no pequeno recordos e experiencias sensoriais vinculadas a cada un deles: A comida sábeme doce, coma o sorriso de mamá. E quero outra, e outra, e outra! Un xeito divertido e saboroso, a través do sentido do gusto, de crear recordos multisensoriais que irán formando a base da memoria.

 

 

Texto de José Campanari

Ilustracións de Simona Mulazzani
Tradución do castelán de Laura Rubio

Últimos produtos