É que son feo, respondeulle Caracol a Caracola cando con ollos fermosos e corniños brillantes, lle preguntou polo motivo dos seus tristes suspiros. Pois a min non mo pareces, contestoulle, e xuntos descubriron a beleza e o valor da amizade.
Unha formiga, de patas lixeiras, e un vermiño serán os seus compañeiros nesta viaxe iniciática, chea de emocións e sorpresas, polos misterios que depara a natureza e o mundo.
40,50€ – 45,00€
É que son feo, respondeulle Caracol a Caracola cando con ollos fermosos e corniños brillantes, lle preguntou polo motivo dos seus tristes suspiros. Pois a min non mo pareces, contestoulle, e xuntos descubriron a beleza e o valor da amizade.
Unha formiga, de patas lixeiras, e un vermiño serán os seus compañeiros nesta viaxe iniciática, chea de emocións e sorpresas, polos misterios que depara a natureza e o mundo. Atendendo á importancia que teñen os libros ilustrados para o desenvolvemento en idades temperás, abrimos esta colección con especial coidado na selección dos contidos, a presentación das imaxes e a construción literaria.
Cinco relatos breves, relacionados pero independentes, que expoñen temáticas próximas aos prelectores: a exploración do mundo, a contemplación da natureza, o descubrimento da amizade… E con imaxes que presentan situacións e personaxes cos que é fácil identificarse e experimentar emocións.
A colección NANOQOS ofrece ademais, a posibilidade de familiarizarse coa letra impresa, antes de iniciar formalmente o proceso de lecto-escritura, combinando aprendizaxe e diversión.
Contos para entreterse, pero tamén para ler, contar e conversar; cos que establecer diálogo e accións, os educadores e mais a familia. Unha orixinal proposta que ofrece experiencias tanto estéticas como educativas.
Texto de Armando Quintero
Ilustracións de André Letria
Tradución do castelán de Marisa Núñez