Bebé Bigotes

Patacrúa & Alessandra Cimatoribus

ISBN: 978-84-96573-46-8, 978-84-96573-57-4, 978-84-96788-01-5, 978-84-96788-90-9, 978-84-96788-61-9

Unha vella moi vella e un vello moi vello desexaban con todas as súas forzas ter un bebé, pero non tiñan nin idea de como facelo. Despois de moitos intentos, de experimentaren diversas fórmulas e mesmo de pediren a colaboración de Reis e de cegoñas, chegaron a unha conclusión: facer un fillo non é tan sinxelo. Un día a velliña tivo unha idea…

 

 

13,5014,90

ISBN: N/A Category
INFORMACIÓN

Colección:

Páxinas: 36 págs.

Encadernación: cartoné

Medidas: 25x23 cm

Publicación: julio 2006

Unha vella moi vella e un vello moi vello desexaban con todas as súas forzas ter un bebé, pero non tiñan nin idea de como facelo. Despois de moitos intentos, de experimentaren diversas fórmulas e mesmo de pediren a colaboración de Reis e de cegoñas, chegaron a unha conclusión: facer un fillo non é tan sinxelo. Un día a velliña tivo unha idea…

 

 

Con agudo sentido do humor, esta versión libre dun conto tradicional mongol, urde unha trama chea de delicados detalles, a partir dun dos grandes misterios da vida: de onde veñen os nenos?, ao tempo que desenvolve o tema da idade e da procreación, ambos temas, apenas tratados na literatura infantil.

 

Nestes tempos en que semella que nada bo nos agarda xa, tras a chegada da vellez, velaquí unha historia que se rebela contra os tópicos. O fermoso final de Bebé Bigotes anima a reformularmos as nosas relacións e a vivirmos con intensidade, asumindo o feito de sermos vellos como un privilexio. Reivindica ademais, o dereito ao amor e ao pracer a calquera idade, xa que, a pesar das mudanzas físicas, a palabra, os sentimentos e as arelas non morren co paso dos anos. Un conto para gozarmos, sexa cal for a nosa idade.

 

 

Texto de Patacrúa, a partir dun conto popular mongol Ilustracións de Alessandra Cimatoribus

Últimos produtos