Colección
Esgotado

Bebé Bigotes

Patacrúa & Alessandra Cimatoribus

ISBN 978-84-96573-51-2

14,90

Este producto está agotado.

INFORMACIÓN
  • Paxinas 36 páxs.
  • Encadernación cartoné
  • Medidas 25x23 cm
  • Publicación xullo 2006

Unha vella moi vella e un vello moi vello desexaban con todas as súas forzas ter un bebé, pero non tiñan nin idea de como facelo. Despois de moitos intentos, de experimentaren diversas fórmulas e mesmo de pediren a colaboración de Reis e de cegoñas, chegaron a unha conclusión: facer un fillo non é tan sinxelo. Un día a velliña tivo unha idea…

Descrición

Con agudo sentido do humor, esta versión libre dun conto tradicional mongol, urde unha trama chea de delicados detalles, a partir dun dos grandes misterios da vida: de onde veñen os nenos?, ao tempo que desenvolve o tema da idade e da procreación, ambos temas, apenas tratados na literatura infantil.

Nestes tempos en que semella que nada bo nos agarda xa, tras a chegada da vellez, velaquí unha historia que se rebela contra os tópicos. O fermoso final de Bebé Bigotes anima a reformularmos as nosas relacións e a vivirmos con intensidade, asumindo o feito de sermos vellos como un privilexio. Reivindica ademais, o dereito ao amor e ao pracer a calquera idade, xa que, a pesar das mudanzas físicas, a palabra, os sentimentos e as arelas non morren co paso dos anos.

Un conto para gozarmos, sexa cal for a nosa idade.

Texto de Patacrúa, a partir dun conto popular mongol

Ilustracións de Alessandra Cimatoribus