O traseiro do Rei

Raquel Saiz & Evelyn Daviddi

ISBN: N/A Category

O rei dispoñíase a almorzar, como todos os días, no comedor real. Cando foi sentar no trono… cravou un alfinete no cu.
—Ai! Ai! Ai! —laiábase, suplicando axuda.
Pero ninguén se atrevía a tocar o traseiro do rei.

INFORMACIÓN

Colección:

Páxinas: 36 págs.

Encadernación: cartoné

Medidas: 25x23 cm

Publicación: maio 2025

O rei dispoñíase a almorzar, como todos os días, no comedor real. Cando foi sentar no trono… cravou un alfinete no cu.

—Ai! Ai! Ai! —laiábase, suplicando axuda.

 

Pero ninguén se atrevía a tocar o traseiro do rei.

Desmitificando os costumes e os hábitos de palacio, Raquel Saiz constrúe un texto áxil, sinxelo e divertido, moi apropiado para os máis cativos.

Con enxeño e gran sentido do humor, amósanos a cara máis absurda de persoas de alta categoría social que, por por mor do seu rango, parecen incapaces de resolver un asunto tan
sinxelo como o de lle quitar ao rei un alfinete do cu.

As ilustracións de Evelyn Daviddi presentan unha simpática sucesión de personaxes que van acumulándose ao longo da historia. Deste xeito, con cada escena refórzase o carácter cómico do texto, e recréase con humor e ironía, o absurdo da situación.

 

 

Texto de Raquel Saiz

Ilustracións de Evelyn Daviddi

Últimos produtos